Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.379 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Medio

  • Reclamacións na zona de Ribadeo

    Mentras a plataforma de defensa da zona sanitaria vai pouco a pouco poñéndose en marcha (última xuntanza, onte, en Burela, quedando constituída unha pequena comisión que se moverá ata o día 11, data da próxima xuntanza) case se pode dicir na semiclandestinidade, un sindicato (UGT) pide o que hai un ano pediron diversas asociacións de…

  • Apostillando a entrada sobre o estrangulamento económico dos concellos

    Despois da entrada sobre a dependencia dineraria dos concellos respecto do urbanismo, atopo no mesmo xornal unha reportaxe sobre a futura nova normativa de urbanismo e unha entrevista, da que entresaco abaixo unha parte. E pregúntome se as dúas novas non son en parte, contraditorias. “Todos os estudos anteriores incidían no problema da contaminación por…

  • De urxencia

    entérome de que as obras contra as riadas na Veiga foron declaradas de urxencia. Paréceme ben que se fagan, e rápido, pero o declaralas de urxencia e executalas como tal, a parte de levar a situacións como que queden incompletas por detalles como o que os viciños non queiran ceder terras de xeito voluntario (o…

  • Podando en setembro

    Está visto que o quencemento global altera o clima e trastoca as características estacionais. Pero podar en setembro, como se está a facer nos plátanos no camiño do cemiterio, paréceme moito, a menos que se quera facer como cando no xardín se tronzou as árbores (máis que podalas) e así se facilitou despois a súa…

  • Testemuña gráfica

    Comentaba Hai algún tempo sobre a contaminación da ría. Hoxe deixo unha pequena testemuña gráfica, despois de ter pasado un día a comezos de verán cousa de 3/4 de hora na auga entre os Bloques e o peirao de Castropol, coa marea subindo pero máis pendente de que non se achegara ningunha motora nin moto…

  • Rarezas? destes días…

    Despois da entrada de onte, coido que estes días dan gráficamente unha colección non desdeñable do que algunha xente denominaría rarezas, outra curiosidade, outra … O díptico anunciando o I Centenario da Consagración da Imaxe de Santa María do Campo pode parecer curioso, pero indica un centenario que coido que non debera pasar inadvertido en…

  • Tensionando as Figueiras

    Unha vez que a zona asturiana da ría de Ribadeo se puxo a ‘desenvolver as súas oportunidades sobre a ría’, a modo de como antes o fixera a zona portuaria de Ribadeo, xa están comezando a xurdir as protestas. Pasou case sen pena nin groria a protesta contra a nave no porto da Veiga que…

  • A ría de Ribadeo en alta

    Despois de ‘A ría de Ribadeo en baixa‘, coido que, aínda que en principio poda ser menos interesantes, debo de publicar as fotos correspondentes á marea alta, que tampouco neste caso era a máis alta do ano, pero case. Neste caso, están desordeadas. A que aparece arriba vese unha característica do peirao que vai tentar…

  • A ría de Ribadeo en baixa

    Sabendo que hoxe (sábado 22 de agosto de 2009) era unha das mareas máis vivas do ano, fun aproveitar para coñecer un pouco mellor a ría. Segundo se pode ver na toma de pantalla do wxtide, un programa de predicción de mareas, en realidade a baixa desta mañá de sábado (0,24m) era un pouco menos…

  • Unha experiencia relixiosa

    Despois de ver a procesión de xentes na baixada á praia, cabe pensar moitas cousas, dende o motivo que fai que tanta xente veña ó retorno económico do tráfego, pasando pola interacción entre a xente e o propio medio que quere visitar e que queda transformado pola súa propia visita. Ou, alguén cre que a…