Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.379 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Medio

  • Valorando 2011. Chuvia e Sol

    Despois da valoración da temperatura,o que máis soe chamar a atención do tempo é a chuvia e o Sol. Na choiva obsérvanse diferencias fundamentais entre estacións, chovendo en Ribadeo por termo medio entre 3 e catro veces máis en outubro ou novembro que en xullo, agosto ou setembro, como indican o gráfico e a táboa…

  • Valorando 2011. Temperaturas

    A valoración dun ano ten moitas lecturas, moitos perfís diferentes. E aínda que sempre ahi quen se adianta á súa finalización, unha valoración completa só se pode facer despois de finalizar. É dicir, iste é o momento. E hai que coller practica, polo que é preferible, para quen non está afeito, facelo a partires de…

  • O desastre ambiental do día

    Como pedido ó Papá Noel, un novo desastre ambiental, que promente ser o maior da década causado polo petróleo, consumouse esta semana en Nixeria, o país que hai anos entrou en guerra civil co motivo do petróleo que comezaba a explotarse (guerra de Biafra)… A extensión da mancha no Atlántico é comparable á da Mariña…

  • Indo un pouco máis aló

    Pola estrada, en Ribadeo, deseguido se pode saír á autovía se se quere ir pola costa. Para seguir máis aló de Barreiros, polo momento, non. Dese tramo ‘máis aló de Barreiros’ está a falar estes días a prensa. Onte, sobre a publicación do impacto ambiental (que na prensa foi tomada case como un ‘comezo de…

  • Quen o cree?

    Quen cree que non se están a producir incendios intencionados? Hai alguén? É máis, quen cree que os incendiarios son unha morea, a cousa de un por incendio? Onte, catro incendios só na Mariña. Onte tamén na prensa, unha persoa conta as súas lembranzas de como hai cousa de dez anos viu prender lume por…

  • “enviásmoslle sendos escritos hai un mes”

    O título está recollido dunha nota que sae na web do concello sobre o uso da area da ría de Ribadeo na praia dos bloques. E a entrada ten dúas partes nas que tentarei expoñer un par de ideas de xeito sucinto. A primeira, sobre o uso pedido. Dicía xa I. Asensio nos seus estudos…

  • XII Xornadas ambientais

    Despois de dous anos tras comezar a cargar as actas das xornadas ambientais de 2008, rematei, e están colgadas en publicado en Ribadeo. — Novo lugar de publicación: http://issuu.com/agremon/docs/xii_xornadas_ambientais

  • Meteoroloxía de xullo

    copido que o mes de xullo foi malo, segundo se puido observar. de calquera xeito, deixo as táboas obtidas con datos da Pedro Murias para cotexar cos xullos do que levamos de século. As temperaturas foron algo baixas, pero dentro dunha banda normal. As horas de sol estiveron por baixo do normal, só superiores ás…

  • Novos produtos turísticos

    Sae hoxe na prensa o aporte de 64 000 € por parte da Xunta para o deseño de novos produtos turísticos. Tamén estarían incluídas a formación e a mercadotecnia, con dúas referencias extra: os cartos refírense a un aporte á mancomunidade mariñá e os ‘produtos’ serían xestionados pola mesma mancomunidade. Hai tres días, no pleno…

  • No verán

    Amencer na Illa Pancha (F. Graña) No verán é máis difícil coller un amencer: o sol levántase antes. A illa Pancha, nesta foto de Farruco, a parte de presentar unha perspectiva que só se da no amencer destes días, preséntanos un sol saíndo moitos graos ó norte, uns 30º, plenamente no mar, facendo parella coa…