-
Vendo xirar o Sol
Hai xa tempo, en Castilla, ó ver os campos de xirasois, ocorreuseme que era unha imaxe que non vería nunca en Galicia. Mira ti por onde, agora hai un en Ove, na estrada de Vilela, fronte á saída da fonte do Valín. Fíxome en que estes non xiran moito, coa súa orientación entre leste e…
-
Aniversario da SGHN
Hoxe é un día deses que a historia pequena non pode deixar pasar, aínda que pareza totalmente oculto no seu significado para a historia que se conta nos telediarios. Por un aviso da Galipedia, decátome de que hoxe hai corenta anos da fundación da Sociedade galega de historia natural, unha institución que é básica para…
-
Ria e tesón, edición 2013
A ría, un ano máis. As fotos corresponden a marea moi baixa, hoxe, arredor das 12:45, (a marea baixa na zona dos bloques debeu corresponder ás 12:55). A destacar que a altura da area no tesón fronte ó porto de Mirasol acadaba 1,20 m en relación á auga, e que o ancho da lingua entre…
-
Presentación refrescante
Cóllolle á Casa das Letras o cartel, modifícoo un pouco e extraio a portada: Coido que será un libro refrescante, a presentar o próximo martes.
-
Presentación do DVD ‘A Mariña dende o ceo’-A Mariña Oriental e Riotorto
Tiña recibido unha invitación de El Progreso e a Deputación de Lugo para a presentación dos DVD A Mariña dende o ceo, para onte, no cine teatro. Puiden ir, e coido que en agradecemento debo ser obxectivo. O acto desenvolveuse no cine-teatro de Ribadeo a partires das oito e media máis preto dun cuarto de…
-
Escollera no
En torno á ría hai conflitos. Ás veces, pequenos, dos que non nos enteramos; máis probable aínda se se producen á outra beira. Quedei sorprendido hai pouco por un que non sospeitaba. A foto corresponde ó peirao de Castropol. Nel aparece unha inscrición xa medio borrada: ‘escollera no’. Non sabía a que se refería. Unha…
-
Santa Cruz, romería e preparación
A próxima ‘finde’ celébrase a romería de Santa Cruz. No pobo trascendeu o aviso de que se quería unha festa a antiga usanza, aínda que quizáis non fora ise o sentido do aviso da directiva da Sociedade de Amigos da Gaita, organizadora do evento. O caso é que o aviso foi collido nun sentido negativo,…
-
Unha comparación que afecta a Ribadeo: meteoroloxía
Antonte a predición televisiva do tempo na zona daba choiva (para onte) e choiva (para os próximos días). Onte foi o mellor día de Sol en Ribadeo no que vai de ano. Evidentemente, non acertaron. Coido que cando se fai unha predicción cabe ese risco. Pero cando as predicións se alongan ata unha semana enteira,…
-
UTILIZACION DE HERBICIDA TOTAL SISTEMICO POR PARTE DO MINISTERIO DE FOMENTO, TANTO NAS ESTRADAS NACIONAIS COMO NAS AUTOVIAS
Artigo de José Ángel Salvatierra Rico Desde hai aproximadamente dous anos, o Ministerio de Fomento, no que compete a provincia de Lugo, está aplicando herbicida total nas cunetas, arcéns e taludes das estradas da súa competencia, e da autovia do Cantábrico dende Ribadeo dirección Baamonde. Non o está a facer polo momento, na autovia A…
-
Natureza de retorno en Ribadeo
Fagamos un descanso. Un home desaparecido, a probable (e para min cando menos curiosa) supresión de horarios no FEVE ou a última entrada de onte sobre o nome da ría de Ribadeo deixan paso por un intre neste post á natureza. Unha natureza que retorna a nós de xeito recurrente aínda que a nivel global…
