-
Pensamentos lixeiros para agosto: a autovía do bo día/ Bo día? Autovía!
A8 soa como moi tech. Por que non chamala ‘autovía bo día’? Ó fin, se está mal día, estará cerrada, e se está regular, tamén. Fai como de indicador de bo tempo. Para que mirar a información meteo? Date unha voltiña ata ‘a zona que ti xa sabes de autovía’ e solucionado: está aberta? Bo…
-
Pensamentos lixeiros para agosto: o conto de nunca (a)ca/b/var
Voltou agosto, ano tras ano, e de xeito cuasi anual, dende hai unha década, protesta polo ouro en Tapia de Casariego. Iso si, cada ano o ‘conto de nunca acabar’ que se resiste a ser o ‘conto de nunca cavar’ presenta cambios para que nada cambie, como sentenza o dito: ben é unha nova empresa…
-
Pensamentos lixeiros para agosto. A morte da galiña
A galiña dos ovos de ouro. Os cantís de Augas Santas son algo parello (ou poden selo) para Ribadeo. E agora, despois de anos de xestión deficiente [poderíamos deixalo en insuficiente?], ven a moda que pode facer rematar un monumento como unha escultura de restos aderezada con letreiros estilo servizos descoidados. Fálase de matar a…
-
Un mapa libre para Ribadeo
Hoxe OpenStreetMap fai 10 anos. Trátase dunha aplicación aberta, que ti podes editar e configurar, e axudar a facer, e usar… Podes ver a súa evolución aquí, ou ter unha visión xeral aquí. Si, xa sei, posiblemente non escoitaches falar dela, e uses Google Maps, obviando outros posibles como o http://sigpac.mapa.es/fega/visor/. Eu mesmo teño que…
-
Imaxes do verquido no CAVI
Hai varios anos que foi denunciado por verquidos. Este ano, hai pouco, saltou de novo ás novas: no Centro de Alimentación de Gando Vacuno Irmandiños hai efluvios que van parar ó río grande (aínda Rego de Porto Bragán ó seu pé), antes do embalse de Lexoso que subministra a Ribadeo. O movemento implicou a diversas…
-
Sobre o pasado e o futuro. Pesca e Ribadeo
Unha das novas de hoxe é sobre a confraría ribadense. O xornalista pinta un futuro que non está claro. a confraría é a máis pequena da Mariña, aínda despois de xuntarse Rinlo e Ribadeo. Ten “unha mariscadora de a pé, once percebeiras, sete tripulantes de barcos e seis donos de lanchas artesanais”. Vintecinco asociados con…
-
Catedrais, Xunta, intereses, nova…
Onte o xornal despachábase coa nova de que a Xunta ía dispoñer este verán un plan de protección. Indo ó subtítulo, e logo ó corpo da nova, a cousa non é tan así. Resulta que a praia resulta superpoboada en numerosas ocasións no verán. Por exemplo, o día que se recolle nesta foto de hai…
-
Comeza a tempada de incendios
Onte houbo un incendio en Noceda. Por esta parece que a cousa foi ben. Ademáis de actuar rápido e con medios (ás brigadas uníronse dous hidroavións que repostaron de auga na ría), a terra non sufriu coa mesma intensidade que o resto de Galicia o sol desta pasada semana. En xeral, as néboas da zona…
-
Ven en tren ás catedrais!
O alcalde de Ribadeo desempolvou unha cuestión que leva tempo, moito tempo, con teas de araña: a variación lixeira da liña de FeVe para viaxeiros. Que eu saiba, a última variación rematada na liña Ferrol-Xixón foi de abondo máis calado, a que se fixo para a planta de Alúmina-Aluminio. É dicir, aproveitamento industrial. E diso…
-
Deliciosa mañá
Cantan os galos ó fondo mentres o sol sae tras dos tellados nun ceo de nubes altas, máis prometedoras de bo tempo que de cobertura branca nesta mañá calma. Con pouco máis de vintecatro horas de por medio, outra imaxe tomada con coidado, con certa distancia para non molestar, presenta asemade a tranquilidade salvaxe da…
