Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.379 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Medio

  • Terremoto (din)

    Anteonte, dez de febreiro, houbo un terremoto. Así quedou rexistrado. Alguén o sentiu? Os datos poden recabarse na páxina http://www.ign.es/ign/layoutIn/sismoDetalleTerremotos.do?evid=1257566&zona=1 segundo a seguinte captura de pantalla: Collendo os datos, sitúase a preto de 60 km ó NNO da vila de Ribadeo. A súa magnitude e distancia, así como a súa profundidade, (9 km) fan que…

  • Ouro non

    Non, non é ouro todo o que reloce. Amósase día a día. E cando algo asemella relocer como ouro, imos averigualo. Chámanos a atención. Agachámonos para remover un pouco a terra, para coller o que parece, … é dicir, facemos un pequeno esforzo. Si, é chamativo para nós. Agora, fagamos unha tradución a aunha empresa…

  • Cando menos, curioso: Coge3, concienciación/acción

    E, de resultar, fabuloso. A raíz da nova de prensa sobre a iniciativa de Óscar García, o primeiro impulso é darlle difusión á iniciativa Coge3. A proposta é sinxela, e, ó menos nos primeiros momentos, dunha viralidade potencial moi grande polo anuncio das propias accións. En caso de acadar unha difusión maior, entón o propio…

  • Calidade: o chan de Ribadeo

    A calidade do chan de Ribadeo non debera ser posta en dúbida. En xeral, a terra do rural ribadense é de calidade, aínda que claro, haxa lugares onde non o sexa. Pero o título refírese ó chan do pobo, o empedrado, asfaltado, enlousado, ó campo dos parques, … e é que, se xa se ten…

  • Unha ponte á nada

    Lembran vostedes  a Asociación Puente de los Santos (ou aquí, a última asamblea), coa súa derradeira acción, unha plantación de froitas silvestres comandada polos concellos de Ribadeo e Castropol a cargo de subvencións (cartos públicos, de todos, via Europa), da que xa teño falado no blog? As fotos a continuación foron tomadas onte na plantación…

  • Nubes, Sol, tempo

      Unha foto de onte e dúas de hoxe, todas de primeira hora da mañá, co Sol  saíndo polo leste como corresponde, e tinguindo as nubes que o reflicten.

  • Ciclo de cine – Festival Habitarte

    Cando vin os carteis o primeiro que pensei: mágoa, non vou poder asistir! V FESTIVAL HABITARTE de CINE SOStible “CREANDO RESISTENCIAS” Teatro de Ribadeo –  22 e 23  de Novembro do 2013 Organizan LA CASA AZUL – O FORMIGUEIRO – AMARANTE Colabora CONCELLO DE RIBADEO La Casa Azul, O Formigueiro e Amarante son organizacións sen…

  • Desprestixio

    Hai desprestixios inmediatos e hai outros ganados a pulso, durante tempo. Pertencen a categorías diferentes. Os ganados a pulso son a suma de accións que van aumentando o desprestixio, algo así como un desprestixio composto. Algo que se consolida no tempo e sobre o que logo é moi difícil que cambien as ideas, porque se…

  • O xoves, pleno en Ribadeo. Si?

    Si, o xoves hai pleno en Ribadeo. Entérome pola prensa, porque chegoulles que hay unha cousa que pode resultar de interese para a venda de xornais: o alcalde pretende pedir co máximo apoio un parque natural para Ribadeo, da Illa Pancha ás Catedrais. Por certo, nin a nova nin o pleno están aínda reseñados na…

  • Unha curiosidade en Santa Cruz

    Coido que todo o mundo sabe que a Casa da Ría de Ribadeo ten pouco uso. Iso da lugar a algunha situación curiosa, como a que representa o vídeo a continuación: O niño de avésperas está entre fiestra e contra, cunha actividade relativamente alta, na parte da Casa da ría que da cara ó pobo.…