Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.379 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Medio

  • Catedrais, Xunta, intereses, nova…

    Onte o xornal despachábase coa nova de que a Xunta ía dispoñer este verán un plan de protección. Indo ó subtítulo, e logo ó corpo da nova, a cousa non é tan así. Resulta que a praia resulta superpoboada en numerosas ocasións no verán. Por exemplo, o día que se recolle nesta foto de hai…

  • Comeza a tempada de incendios

    Onte houbo un incendio en Noceda. Por esta parece que a cousa foi ben. Ademáis de actuar rápido e con medios (ás brigadas uníronse dous hidroavións que repostaron de auga na ría), a terra non sufriu coa mesma intensidade que o resto de Galicia o sol desta pasada semana. En xeral, as néboas da zona…

  • Ven en tren ás catedrais!

    O alcalde de Ribadeo desempolvou unha cuestión que leva tempo, moito tempo, con teas de araña: a variación lixeira da liña de FeVe para viaxeiros. Que eu saiba, a última variación rematada na liña Ferrol-Xixón foi de abondo máis calado, a que se fixo para a planta de Alúmina-Aluminio. É dicir, aproveitamento industrial. E diso…

  • Deliciosa mañá

    Cantan os galos ó fondo mentres o sol sae tras dos tellados nun ceo de nubes altas, máis prometedoras de bo tempo que de cobertura branca nesta mañá calma. Con pouco máis de vintecatro horas de por medio, outra imaxe tomada con coidado, con certa distancia para non molestar, presenta asemade a tranquilidade salvaxe da…

  • Non hai risco para a saúde

        Seguimos a vivir na Terra. Nun lugar que cada vez temos máis poder para transformar, e transformamos cada volta máis rápido. Si temos tamén cada vez máis coñecemento do que facemos, pero cóstanos traballo enfialo, dispoñelo, aproveitalo, aplicalo, e por iso o perigo de destrución é cada vez maior. Máis aínda cando cada vez…

  • Pero onte foi o día mundial do medio ambiente?

    Pois si, onte foi o día mundial do medio ambiente. Teño que aceptar que me enterei na rede case ó final do día, a traverso do blog Ría de Ribadeo en facebook. E chamoume a atención. Parece como se este ano as europeas e o truncamento de efectos causado pola abdicación do rei se xuntara…

  • Menos mal que a marea sube e baixa. Miguel Gutiérrez Sampedro

    Publicado a comezos de maio de 2014…

  • Unha terraza do pobo de Ribadeo? (II)

    Onte publiquei a primeira parte, con foto. Hoxe é a segunda parte: o foxo que estaba tan ben dispostiño onte xa foi enchido primeiro cunhas vigas metálicas, e logo, recheo de formigón. Xa non poño foto: está a nivel coa herba e é de supoñer que non pase outra semana sen que esteña rematado. E…

  • Unha terraza do pobo de Ribadeo?

    Paseando do centro de Ribadeo cara ó oeste, deixamos atrás San Roque, e, na Virxe do Camiño, o verde comeza a expandirse no Xardín. O Xardín de Sela, teño escoitado dicir, en referenza á casona que alí hai. Nunca o entendín no sentido de propiedade do terreo na actualidade: ó fin, aí se fixo o…

  • De leste a oeste. Xardíns colgantes en Ribadeo

    Levo xa varios anos ofrecendo fotos dos xardíns colgantes de Ribadeo, máis ou menos en primavera. Desta volta, elixín un eixo leste-oeste, dende a Rodriguez Murias ata o xardín. Hai fotos que non se ven ben (todas tomadas co móbil), pero se neste eixo, a ‘gran Vía’ ribadense, os tellados están así (e só mirando…