Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.379 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Medio

  • Pensamentos lixeiros para agosto: lixo ou merda?

    Din ‘ao césar, o que é do César, a Deus, o que é de Deus’. Luns pola mañá. A primeira hora, verquidos no contedor do vidro de cascos con contido deixan a rúa máis ou menos como se ve. Unha veciña do edificio chama ó concelleiro encargado do lixo. Primeira hora da tarde: a rúa,…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: luz sobre Ribadeo (e temperatura!)

    Mércores de calor. Tamén mércores de luz. As fotos, á tarde, sobre o parque dan testemuña. A gráfica de temperaturas dos últimos días dan tamén testemuña da temperatura. A máxima temperatura de onte, mércores: 30,23ºC ás 14:10 UTM (12:10 hora oficial). A outra punta de altura semellante, 30,06ºC á mesma hora o día 25:

  • Pensamentos lixeiros para agosto: un faro, un hotel

    Destas que pasas polo concello con algo de tempo e miras. A de cousas que hai de información entre papeis soltos, desordenados, solapados, misturados, caducados… e descoñecidos pola cidadanía en xeral. Onte atopeime un, xa caducado tempo hai, que me chamou a atención. Trátase da petición dunha empresa, ‘Eiroba A Mariña, S.L.’, ante Portos (Autoridade…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: o doce aviso do fin do verán

    Esta rematando o verán. Sabemos que moitas veces, setembro ven bo abondo e cúmprese que o fin do verán metereolóxico coincide máis ou menos co fin do verán astronómico (arredor do 21 de setembro), aínda sen ter que coincidir que faga bo tempo durante o mes de agosto, por exemplo. De calquera xeito, tamén sabemos…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: a autovía do bo día/ Bo día? Autovía!

    A8 soa como moi tech. Por que non chamala ‘autovía bo día’? Ó fin, se está mal día, estará cerrada, e se está regular, tamén. Fai como de indicador de bo tempo. Para que mirar a información meteo? Date unha voltiña ata ‘a zona que ti xa sabes de autovía’ e solucionado: está aberta? Bo…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: o conto de nunca (a)ca/b/var

    Voltou agosto, ano tras ano, e de xeito cuasi anual, dende hai unha década, protesta polo ouro en Tapia de Casariego. Iso si, cada ano o ‘conto de nunca acabar’ que se resiste a ser o ‘conto de nunca cavar’ presenta cambios para que nada cambie, como sentenza o dito: ben é unha nova empresa…

  • Pensamentos lixeiros para agosto. A morte da galiña

    A galiña dos ovos de ouro. Os cantís de Augas Santas son algo parello (ou poden selo) para Ribadeo. E agora, despois de anos de xestión deficiente [poderíamos deixalo en insuficiente?], ven a moda que pode facer rematar un monumento como unha escultura de restos aderezada con letreiros estilo servizos descoidados. Fálase de matar a…

  • Un mapa libre para Ribadeo

    Hoxe OpenStreetMap fai 10 anos. Trátase dunha aplicación aberta, que ti podes editar e configurar, e axudar a facer, e usar… Podes ver a súa evolución aquí, ou ter unha visión xeral aquí. Si, xa sei, posiblemente non escoitaches falar dela, e uses Google Maps, obviando outros posibles como o http://sigpac.mapa.es/fega/visor/. Eu mesmo teño que…

  • Imaxes do verquido no CAVI

    Hai varios anos que foi denunciado por verquidos. Este ano, hai pouco, saltou de novo ás novas: no Centro de Alimentación de Gando Vacuno Irmandiños hai efluvios que van parar ó río grande (aínda Rego de Porto Bragán ó seu pé), antes do embalse de Lexoso que subministra a Ribadeo. O movemento implicou a diversas…

  • Sobre o pasado e o futuro. Pesca e Ribadeo

    Unha das novas de hoxe é sobre a confraría ribadense. O xornalista pinta un futuro que non está claro. a confraría é a máis pequena da Mariña, aínda despois de xuntarse Rinlo e Ribadeo. Ten “unha mariscadora de a pé, once percebeiras, sete tripulantes de barcos e seis donos de lanchas artesanais”. Vintecinco asociados con…