Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.379 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Medio

  • Habitudes

        Xa estamos afeitos: en múltiples formas, é normal un proceso que pode resumirse en coller un ben público, non mantelo como é necesario, dicir que o sistema non funciona, pasarllo aínda en bo estado ou con subvención a mans privadas, e que o capital privado saque lucro do servizo cun encarecemento con aumento da…

  • O río Grande, desconfederado, e outras curiosidades

    É só unha curiosidade: o río Grande, se se visitan os mapas correspondentes a Confederación Hidrográfica Galica Costa (CHGC, nota sobre aviso legal) e Confederación Hidrográfica do Cantábrico (CHC, nota sobre aviso legal), queda en terra de ninguén. Ó igual que a costa oeste da ría de Ribadeo, incluído o mesmo núcleo urbano de Ribadeo…

  • Lembrando o inverno (que aínda non rematou)

    Nun día non cálido, pero tranquilo, suave de aire como hoxe, unha lembranza dun día diferente deste mesmo inverno con fotos da ría.  A bocana da ría, imposible para o tránsito mariño.  As Carrallas, co faro azotado polas ondas despeinadas polo vento. A illa Pancha, símbolo fronte ó mar.

  • Eloxio de… de?

    ‘Eloxian o impacto económico dos dous portos en Ribadeo’ era o título dunha nova de onte. Desas novas que era de onte, pero xa non de hoxe, de non ser polas circunstancias, que tenden a facer dela unha nova intemporal. O primeiro, a foto. O presidente de Portos de Galicia, Juan José Durán, está acompañado,…

  • Destruíndo patrimonio no 2001, en Ribadeo

        A destrución de patrimonio non é cousa de agora. En particular, en Ribadeo. Remato de atopar un artigo vello, do blog ‘Destrucción do Patrimonio en Galicia dende o 2000 ata o 2003‘ referido a obras no 2001, que lembra unha historia que non se subsanou. Deixo unha adaptación ó galego, acompañada da foto anterior,…

  • Real Decreto 197/2017, de 3 de marzo, por el que se establece el Programa nacional de control y erradicación de Tecia (Scrobipalpopsis) solanivora (Povolny).

    Xa hai oficialmente plan contra a couza guatemalteca: foi publicado hoxe o “Real Decreto 197/2017, de 3 de marzo, por el que se establece el Programa nacional de control y erradicación de Tecia (Scrobipalpopsis) solanivora (Povolny)“. Tamén podes acceder, sen descargalo, aquí. 

  • Parece que o concello comeza a moverse (aínda que sexa de xeito indirecto)

    Hoxe hai unha nova na sección de novas do concello. Reprodúzoa de xeito completo, lembrando que é liberada cunha semana de retraso en relación ó ditame recibido por ‘Por nuestro faro’: O DEFENSOR BOTA EN FALLA INFORMACIÓN MEDIOAMBIENTAL Faro da Illa Pancha 27/02/2017 O Concello ven de dirixirse á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao e á…

  • Gran reserva

    Como emparedada atopamos nos medios a nova do Premio Crítica 2016 a Iniciativas Culturais e Científicas ó Observatorio da Mariña pola Iguladade, entre dúas novas da Reserva da Biosfera: a convocatoria dun concurso de receitas e un artigo indicando que a Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras de Burón está sen cartos e baleira…

  • A quen pertencen os faros da Mariña?

    Un servizo comunal, patrimonio da humanidade, xestionado de xeito estatal. A partir de aí arrincará a tertulia que terá lugar dentro de dúas semanas en Viveiro, continuación da que xa tivo lugar en Ribadeo en o nove de xuño, ‘Faros, patrimonio da humanidade’, cando, entre outras cousas, pasouse e explicouse esta presentación.  Dende aquela, en…

  • Hoxe pódese pasar?

    Pregunta frecuente que non había antes de entrar en funcionamento a A8, tramo pola montaña mindoniense. Coido que xa se dixo abondo sobre o fiasco e o entrampamento de cartos (aínda que non sobre os causantes/culpables e o seu tratamento), sobre o accidente cun morto e deceas de coches implicados, sobre o aspecto, mesmo sobre…