Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.547 posts
42 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Medio

  • A recuperación da formación agroecolóxica en Pedro Murias. Iván Rodríguez Lombardero e Antonio Villarino

       Vai para un ano que, a iniciativa de profesionais mariñáns de longa traxectoria e convocadas polo Concello de Ribadeo, diversas entidades relacionadas co medio rural xuntámonos para falar da deriva de abandono da Escola Pedro Murias de Ribadeo. Na xuntanza conviñemos que a Escola é un recurso de enorme valor para a comarca, que…

  • Da Mancomunidade ás Catedrais

    Na resaca da ponte da Inmaculada Constitución pasada por auga, despois dun mercado de Nadal que supoño que este ano non se cualificará de exitos pola temperie, aínda coas luces de Nadal xa avisando que está aí a nova festa consumista, a vida segue. E así, a Mancomunidade de Concellos da Mariña terá outra xuntanza,…

  • Auga e Uralita

    Ben, debería dicir auga e fibrocemento, pero o certo é que dicir fibrocemento, no seu momento, era como nomear a Uralita, e viceversa, do mesmo modo que se segue aínda hoxe a dicir ‘Cello’ á cinta adhesiva aínda que hai tempo que as principais marcas son outras. A cousa ven porque esta tempada unha fuga…

  • As catedrais e a illa Pancha, entre outras cousas

    Foi a presentación do plan especial das catedrais. Cargo algunha foto de Suso Fernández, a intervención de Evaristo Lombardero e un artículo posterior do mesmo (en dous formatos), a intervención de José A. Salvatierra, un comentario de Covadonga Suárez … A pregunta de Evaristo: A pregunta de José A. Salvatierra: Un comentario: “formulou unha pregunta…

  • Aprobación inicial do plan especial das Catedrais: plan, aprobación e nota de prensa do concello

    O plan. (só 308 páx. pero botarlle unha ollada é menos!) Plan Especial das Catedrais 16/11/2017 O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio de aprobación inicial do plan especial das Catedrais. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, lembra que o Concello leva traballando moito tempo neste documento. Agora ábrese un período de exposición…

  • A ría de Ribadeo que xa non é ría

    Lembro ver encher de area a zona dos bloques ou o recheo dos noventa, onde está a lonxa na actualidade. Mais ó pasar por esas zonas xa non mo imaxino se non fago un pequeno esforzo. E quen se lembra da fixación no Fondón, na recta de Reme? así, pouco a pouco (ás veces, moito…

  • Unha volta polas catedrais

    Onte, mesmo en marea alta, había xente abondo polas catedrais. Non tanta como no verán, pero si abonda. Xa non había vixiantes, claro, a xente andaba por todos os lugares. Non había xeorutas, e a xente ía cadaquén á súa bóla. Mentres, o estado de conservación segue adoecendo de faltas evidentes. Vista das catedrais, onte…

  • Conservación do muíño da Ignacia. Unha revisión

    Hai xa moitos anos que o Muíño da Ignacia se restaurou. Sei que no seu momento quíxose dotar una uténtico mecanismo que funcionara coa auga, mais a falta de cartos deixouno como unha especie de muíño de xoguete, cun subministro de auta co seu correspondente acueduto e reservorio, pero sen un funcionamento real. Quizáis foi…

  • Niño de avespas no casco urbano

    Unha sagaz lectora do blog envioume un par de fotos e logo fun confirmalo. O niño, no centro da imaxe. A foto, tomada dende o aparcamento da Avda. de Rosalía. O lugar, detrás do Muíño: Pola dereita, aparcamento da Avda. Rosalía  Pois iso… aínda está altiño. Asiáticas? Parece que si…

  • O punto sobre a i de violencia

    Non é a primeira vez que sinalo que ter o control de que falar, de que discutir, é ter o control, a secas. E co de Cataluña estase a amosar unha vez máis a verdade do dito: aí vai esquecida toda a corrupción anterior e o que leva saído (e se leva calado, porque tiraba…