-
A illa Pancha é (e segue a ser) cousa de todos. NOTA INFORMATIVA DO COLECTIVO “POR NUESTRO FARO”
A illa Pancha, cun coche dentro, onte (foto Suso Fernández) Dicían que, despois da apertura, o ‘tema faro’ estaba acabado. Se se miran as novas, parecen máis ben que por fin comezou… NOTA INFORMATIVA DO COLECTIVO “POR NUESTRO FARO” Ao fio das últimas noticias sobre o peche de actividades dos apartamentos da Illa Pancha…
-
Bandeiras azuis, bandeira negra
Din que as bandeiras azuis son un símbolo do bo estado das instalacións e protección da natureza en lugares que teñen que ver co mar. Coido que xa teño falado máis dunha vez sobre este tema, e axustado que unha entidade privada non pode garantir que o coidado da natureza sexa o representado por unha…
-
Reseña de dúas actividades conectadas: roteiro a partir da illa Pancha e presentación de BirdFlyway
Hai uns días deixei a convocatoria das dúas actividades, promovidas por ‘Por Nuestro Faro‘ e agora paso a deixar un breve resume do acontecido nas mesmas. A primeira realizada, venres 21 de abril ó anoitecer (dous días antes do día do libro, hoxe), na casa das letras, foi a presentación de BirdFlyway, libro de Antonio…
-
Presentación para venres, roteiro para sábado e defensa da illa sempre
O libro, de Antonio Sandoval, será o segundo presentado por el en Ribadeo. … se che fai falta información, deixa un comentario incluíndo algún medio de contacto (naturalmente, non será publicado)
-
Terremot’illo’
Esta madrugada produciuse un terremoto de magnitude 3,5 en Triacastela. Non é nova de impacto na prensa de hoxe pero si aparece nalgún resume dixital. A verba terremoto lévanos a algo serio, pero depende. depende da intensidade e duración do terremoto. Neste caso, 3,5 na escala de Richter, indícanos que é un máis dos case…
-
50 por cada 1
Hai máis de dúas semanas que ‘os abelleiros’ puxeron en marcha este cartel: Pasáraseme, pero coido que paga a pena poñelo. Como seres vivos cun ciclo vital, esas dúas semanas que pasaron son importantes, mais aínda está a tempo o aviso de surtir algún efecto. O cartel fala dunhas meidas para os niños. É posible…
-
Hoxe hai pleno (aínda que a información del estea baleira)
Hoxe hai pleno. Di a prensa que ás 20:30 [, cando o normal ata o de agora é que se celebren ás 20:00, pero] é a referencia que teño: a estas alturas, o mesmo día a primeira hora da mañá, non hai nada colgado na páxina do concello. /Nota: rematan de confirmarme a hora: 20:30/…
-
Moción sobre o deixar facer un hotel na illa Pancha (PSOE, 20170316)
A semana pasada, o grupo municipal socialista presentou unha moción para ser levada ó pleno que se pretende para mañá xoves, ás 20:30 horas. Temos entendido que non se levará, co que a única alternativa para tratala en data próxima (en caso de que faigan así) será solicitar o metela de urxencia. Algo que o…
-
A lagoa Cascos, revisitada
A conta dunha información que coido que rematou nunha denuncia ó Seprona, sobre unha mancha de aceite na charca próxima ás catedrais, e por confusion miña, achegueime á lagoa Cascos, o oco deixado en Meirengos, no camiño descarrilado cara a piscifactoría de Rinlo. Nestes días está con auga, patos , gaivotas… despois de…
