Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.379 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Medio

  • Reme, 36 anos de abandono dunha leitería

       Entérome pola prensa que a leitería de Reme está a punto para o derribo.     Deixou de funcionar hai 36 anos, no 1981, e xa hai dez que se acusou o mal estado das instalacións antes xestionadas por Kraft e agora pertencentes a Industrias Lácteas Asturianas, ILAs, con base en Anleo, Navia, e filial…

  • ‘Tódolos días, agás un’

    Por decreto. Así pasou a ter este agosto 30 días e non 31, como viña sendo corrente. Por decreto da Xunta e difundido polos medios. Así aparece na nova da Consellería de Medio Ambiente en relación coa visita da Directora Xeral de Patrimonio Natural onte ás Catedrais : “Do mesmo xeito, cómpre destacar que durante…

  • Sobre a seca, en Ribadeo

    Aínda que por outros problemas percibidos polos medios non se fala moito da seca, xurde de cando en vez que este ano hai seca. Este ano. Entón, poden comezan as comparacións e rematar dicíndo, ó estilo do que se facía noutros tempos, que a seca é pertinaz, pasando de ano en ano. Máis raro aínda,…

  • Os bloques, invadidos

    Á praia dos bloques parece que lle botaran o mal de ollo. Non só se se ve invadida polo limo (algo do que xa avisara no seu momento Isidoro Asensio) e as algas que o colonizan, ou invadida e dificultado o movemento no seu espazo por lanchas, motos ou espectáculos, a máis do defecto de…

  • PREGUNTA DO COLECTIVO “POR NUESTRO FARO” Á AUTORIDADE PORTUARIA, CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE DA XUNTA DE GALICIA E CONCELLO DE RIBADEO

    Foto de Carmen López Pérez  Nos últimos días puidemos observar que na Illa Pancha xurdeu como por ensalmo un murete de obra que remata o valado da ponte na beira que da ao norte e que, dende o noso ponto de vista, racha abertamente ca estética do conxunto e introduce materiais alleos aos que se…

  • De novo, a ría (2b)

    Despois de ter publicado onte a posición dun parque acuático na praia dos bloques, preguntoume algunha xente sobre a restricción que afecta ó terreo que ocupa. Nunha primeira procura, no pxom do concello, segundo aparece nas capturas de planos en baixo, está nun área de interese natural e ecolóxico (Ría de Ribadeo, con afección de…

  • Saca o teu gran

    Verán. Rúas ateigadas, praias tamén. Servizos a tope, desbordados polos visitantes. Mentres, cada un de nós segue a manchar e a contaminar, coma sempre. Hai uns anos xurdiu a iniciativa ‘colle3’ (ben, xurdiu en castelán, ‘coge3’) e tomou pulo, mesmo con ramificacións internacionais, mais parece que se está esquecer (aínda que segue a funcionar, como…

  • Para ver as aves na ría

    Remato de atoparme nas redes a nova que publicou hai dous anos e medio o blog Ría de Ribadeo. Trátase da posta a disposición de todo internauta do plano-guía para observar aves na ría de Ribadeo (aquí, o post no blog de Enrique Sampedro), e coido que non está de máis o tentar darlle un…

  • 31 fotos da ría e algún comentario

    Coido que a ría de Ribadeo debe ser tamén beneficiaria (estou seguro de que si o é) de toda a propaganda que está xerando o traballo de ‘Por Nuestro Faro’. A notar unha diferencia: sen un peso, o tirón é grande, mentras que Faros de España tirou de chequeira para promoción dun establecemento, non dunha…

  • Ampliando a vía verde do ferrocarril mineiro

    Alcaldes en acto protocolario Onte un grupo numeroso de xente reuniuse para recorrer a ruta do ferrocarril. Que cambiou en relación a outras veces? A convocatoria, feita polo grupo Albións de A Pontenova, foi a correspondente á décima edición das andainas anuais que organiza o grupo. Ben organizada, como soen, era a primeira vez que…