Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.379 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Medio

  • A ría de Ribadeo que xa non é ría

    Lembro ver encher de area a zona dos bloques ou o recheo dos noventa, onde está a lonxa na actualidade. Mais ó pasar por esas zonas xa non mo imaxino se non fago un pequeno esforzo. E quen se lembra da fixación no Fondón, na recta de Reme? así, pouco a pouco (ás veces, moito…

  • Unha volta polas catedrais

    Onte, mesmo en marea alta, había xente abondo polas catedrais. Non tanta como no verán, pero si abonda. Xa non había vixiantes, claro, a xente andaba por todos os lugares. Non había xeorutas, e a xente ía cadaquén á súa bóla. Mentres, o estado de conservación segue adoecendo de faltas evidentes. Vista das catedrais, onte…

  • Conservación do muíño da Ignacia. Unha revisión

    Hai xa moitos anos que o Muíño da Ignacia se restaurou. Sei que no seu momento quíxose dotar una uténtico mecanismo que funcionara coa auga, mais a falta de cartos deixouno como unha especie de muíño de xoguete, cun subministro de auta co seu correspondente acueduto e reservorio, pero sen un funcionamento real. Quizáis foi…

  • Niño de avespas no casco urbano

    Unha sagaz lectora do blog envioume un par de fotos e logo fun confirmalo. O niño, no centro da imaxe. A foto, tomada dende o aparcamento da Avda. de Rosalía. O lugar, detrás do Muíño: Pola dereita, aparcamento da Avda. Rosalía  Pois iso… aínda está altiño. Asiáticas? Parece que si…

  • O punto sobre a i de violencia

    Non é a primeira vez que sinalo que ter o control de que falar, de que discutir, é ter o control, a secas. E co de Cataluña estase a amosar unha vez máis a verdade do dito: aí vai esquecida toda a corrupción anterior e o que leva saído (e se leva calado, porque tiraba…

  • Bando do concello sobre incendios (e nota de prensa)

       Deixo abaixo o bando e a nota de prensa correspondiente que sacou o alcalde en relación ós incendios forestais, neste caso sen máis comentario. Incendios  18/10/2017 A través dun Bando o alcalde, Fernando Suárez, subliña a obrigatoriedade dos propietarios de montes de manter as distancias establecidas por lei entre as plantacións e os núcleos…

  • Unha pequena historia… e outra, e…

    Un sinxelo niño de velutina, na Mariña, pero non en Ribadeo, nunha nogueira de Alfoz. Xa está retirado. Pero tardaron. Zona do niño Mentres, onte pola tarde, o xabaril da  N-642 seguía alí. Polo que parece, do 112 pásanlle o aviso ó concello. Tentarei enterarme. Pequenas descoordinacións ou desidias que permiten que as pragas teñan…

  • Aire ulindo a eucalipto queimado

    Estou oíndo chover antes de amencer. Que non chova torrencialmente para evitar que a terra queimada vaia parar ós ríos é a pregaria de hoxe. A de antonte era para evitar as mortes e o terreo queimado. Pero onte non había pregaria, senón noite a mediodía, luces acesas nas casas e nos coches para poder…

  • Xabaril na estrada

    Hoxe, a eso das 10 e media chamei para avisar dun xabaril morto na na N-642. Ás dúas aínda seguía alí, N-642, km 5,2 sentido cara á Veiga. Polas apariencias, morto desta mesma noite. E, coa calor de hoxe, en rápida descomposición.

  • Cochambre e lavado

    Deixo embaixo a nota de prensa do concello emitida onte sobre a compra dunha hidrolavadora, máquina que “facilitará moito as tarefas de limpeza de beirarrúas, prazas e outros puntos“, recoñecendo asemade que “era unha necesidade en certas zonas“. A cousa lévanos por dous camiños diferentes. Un, é un recoñecemento implícito de que a limpeza do…