Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.379 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Medio

  • Resistente galego

    Lic CC-by-sa 3.0 de David Sebastian Liuzzo (Obra derivada: Alexandre Vigo), collida de https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:800px-EU_location_GAL.png. Despois de ver as novas destes días sobre o terrorismo galego (ler por exemplo “¿Existe Resistencia Galega o es un bulo de Gobierno?” en eldiario.es), venme á cabeza a pregunta de se se me podería considerar de Resistencia Galega, máis aló…

  • A praia das Catedrais, atacada por quen tiña que protexela

    Case mellor que un  novo escrito, unifico forzas e reproduzo a nota de prensa da Sociedade Galega de Historia Natural que se pode ver na súa web: Pésimo exemplo na Praia das Catedrais Segundo as novas e fotografías publicadas nos medios de comunicación, a Xunta de Galicia está a colocar sinais de perigo de desprendimentos…

  • Grande América, pequena Terra

    Non, aínda non nos enteramos: o que fai alguén neste pequeno planeta, repercute no resto. Algo lóxico, pero que, por estar o efecto de cada acto difuminado entre todo o resto de actos e persoas, algo ó que non se lle presta moita atención. E algo que inclúe dende cousas moi pequenas, individuais, a outras…

  • O que non din sobre ALCOA. Pablo Mosquera Mata

    Sei de certo que o que a continuación publico é “políticamente incorrecto” pero débome á miña conciencia de profesor de Saúde Pública na UPV. O que non din sobre ALCOA O diario nacional de máxima tirada en España, “El País”, publicaba o 17 de marzo do 2010, un artigo titulado “Un estudo confirma contaminación por…

  • Casa da Ría e Eleccións (locais)

     Casa da Ría de Ribadeo Comezan as imprecisións (imos comezar por verbas suaves aínda que non sexan exactas) para facerse oco na campaña local cara as eleccións de dentro de dous meses, eleccións locais de maio de 2019. O de ‘comezan’ é un dicir, pois de diferentes xeitos xa levan tempo rondando diversas novas, informacións,…

  • 40 kg

    Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0 Unported, foto de Michaël CATANZARITI collida de Galipedia. As cousas do mundo tamén tocan a Ribadeo. Ás veces, moi profundo aínda que podan pasar inadvertidas ou case. Hoxe vexo unha nova á que non sei que cualificativo poñerlle, aínda que lle cadrarían moitos: unha balea foi atopada morta preto…

  • Mazás

    Lembro coller mazás das árbores. Lembro ver como as mulleres viñan en coche de liña ó mercado a traer os seus produtos, entre eles, mazás. E logo, velas nas tendas… ata hoxe. Hoxe fixeime nun posto tradicional dun mercado tradicional nas mazás. Cinco variedades, todas lozanas, brilantes, todas iguais. Todas, cunha etiquetiña pegada, cun número,…

  • Incendiarios

    Un novo incendio, unha renovada intención de destruír. O plano anterior (collido do sixpac) abrangue máis ou menos a zona de incendios sucesivos que está a haber. Zona despoboada, preto da ría, con posibilidade de estar en poucos minutos na autovía ou no máis recóndito doutra zona boscosa. O por que? Coido que hai que…

  • A auga de Ribadeo, unha historia

    Hoxe, 26 de febreiro de 2019, repetiuse a historia. De novo a auga da billa en Ribadeo chega ás casas en malas condicións. Embaixo deixo a nota de prensa do concello. Mentres, non estaría mal repasar a historia repetida dende o inicio do CAVI. No blog hai abondas referencias; entre elas, as que aparecen nesta…

  • Mapas de Ribadeo

    Hoxe por hoxe pódense atopar múltiples mapas de Ribadeo. Dende os de openstreetmap, pasando por Google maps ós mapas do concello, por non falar dos englobados noutras institucións como o sixpac da Xunta (ou o sigpac a nivel estatal) a Confederación Hidrográfica do Cantábrico (que inclúe medio concello, ó sur do Mondigo e chegando xusto…