-
Maio do 68
Tres de maio. Tal día como hoxe, hai 210 anos, estaba en marcha a rebelión contra o arrebatamento por parte dos dos franceses do poder en España, despois de ver como unha revolta en Madrid se convertía en fusilamentos, como foi recollido por Goya. E hoxe, hai xa 50 anos, tamén España cobraba conciencia de…
-
Comezan as obras na r/San Roque
Onte comezaron os traballos de remodelación da primeira parte da rúa San Roque. A nota do concello: OS PREPARATIVOS XA SE PODEN VER HOXE Obras en San Roque 26/04/2018 O Concello inicia mañá as obras de remodelación da rúa San Roque. Os traballos, que se prolongarán ata os primeiros días do mes de xullo, supoñen…
-
Poñendo en tela de xuízo a xustiza
Foi un clamor. En toda España. Tamén en Ribadeo se notou. Unhas 250 persoas démonos cita onte na praza oito de marzo de Ribadeo, apenas dez horas despois de ser dictada a sentencia do ‘caso manada’. A protesta foi pola consideración de culpa achacada, non pola pena imposta. Coido que é algo a diferenciar: a…
-
ESCUDO-NON ESCUDO HERÁLDICO DA CAPELA DA ATALAIA. Francisco José Campos Dorado
Esta preciosa capela é a máis ou unha das máis antigas de Ribadeo, que data posiblemente do tempo de Fernando II (rei 1157-1188), e está dedicada a devoción da Trindade, cuxa imaxe se atopa no ático do retablo do altar maior, e no centro está a imaxe da Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros. Vulgarmente…
-
Un galeón anda solto.
En abril de 2013 foi presentado con todo despregue o galeón, descoberto a raíz dun dragado de novembro de 2011, e cualificado daquela como o mellor conservado do mundo(agora parece que está relativamente ben conservado, pero que non é como para levar o título, e que se ten deteriorado dende a súa descoberta). En maio…
-
Un muro a borrar?
Hai xa varias décadas que coñecín a Funfrín. Así era o alcume de Fernando, das Figueiras, e así, o coñecín eu, sen apelidos. Hai máis dunha década que deixou este mundo. Non sei a data exacta, pero para estas verbas, pouco importa. O que si importa, o que me fai poñer estas letras, é que…
-
Placas en Porcillán
Hai xa meses que o blog comezou a conter fotos das novas placas descritivas de Sargadelos, que describen trinta lugares do rueiro de Ribadeo. Dende aquela, publicouse un folleto recollendo o seu contido, mais coido non da unha idea adecuada da beleza das placas, polo que sigo recollendo fotos ata completar o conxunto. Hoxe tocoulle…
-
En loita polas pensións, sección Ribadeo
Publicado no muro de Facebook do Movemento en Defensa das Pensións Públicas, Ribadeo.
-
A Roda, Barreiros, por Emilio Piñeiroa Lozano
Máis sobre a Roda.
-
Centenarios (II)
En relación á entrada anterior (Centenarios) na que deixaba unha páxina do xornal ‘El Norte de Galicia’ de 19180325, na que se refería á contratación para a liña Vilaodriz-Villafranca do Bierzo, adxunto agora a nova enteira, obtida de ‘Galiciana‘