Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.312 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: historia

  • Nós seguimos a ser emigrantes

    Nós tamén fomos emigrantes. Ese é o título da exposición inaugurada o outro día na oficina de turismo. Fotos de axencia que recorren a emigración española dende 1941, ano no que se enviaron traballadores ás fábricas alemás en plena guerra mundial, ata finais da ditadura. Coido que hai un pouco desorde na presentación, mais pode…

  • Ciudad horizontal. Pablo Mosquera

    Cando decido regresar ao meu recuncho máxico para vivir como galego e en galego, alguén me advirte de dúas “calamidades”. “Nunca debemos volver onde un día fomos felices”. “Pobo pequeno, inferno grande”. Teño motivos para aceptar que todo se move, cambia, nace e morre… pero co paso dos anos logrei aceptar todo; así como sigo…

  • Unha lembranza de hai 22 anos: celebración do 5º aniversario da banda de música

    O 25 de xaneiro de 1997 a Banda Municipal de Música de Ribadeo cumpría 5 anos do seu esteno. A invitación, en principio para socios de Amadores da Música, fíxose extensiva a toda persoa que quixera participar.

  • Indianos. Por José María Rodríguez Díaz

    (Texto publicado no blog de José Mª e A Gaceta Ribadense o 10 de xullo de 2015) Indianos – E logo pra onde vas tan á présa, Xan, ¿Tes algo de novo?, preguntoulle Xan ó veciño vendo pasar con paso apurado cara a vila, vestido de traxe novo e sombreiro. – Non, oh. E que…

  • WWW e Ribadeo

    Lembroume onte o meu amigo Antonio Andina que hoxe, 13 de marzo, a web cumpre anos. E rescatei un vello artigo, ‘O comezo da historia de Ribadeo en internet‘, onde queda dito que ámbolos dous puxemos o noso gran de area nesa historia. Claro, o que se celebra hoxe, día 13 de marzo, é unha…

  • A auga de Ribadeo, unha historia

    Hoxe, 26 de febreiro de 2019, repetiuse a historia. De novo a auga da billa en Ribadeo chega ás casas en malas condicións. Embaixo deixo a nota de prensa do concello. Mentres, non estaría mal repasar a historia repetida dende o inicio do CAVI. No blog hai abondas referencias; entre elas, as que aparecen nesta…

  • Mapas de Ribadeo

    Hoxe por hoxe pódense atopar múltiples mapas de Ribadeo. Dende os de openstreetmap, pasando por Google maps ós mapas do concello, por non falar dos englobados noutras institucións como o sixpac da Xunta (ou o sigpac a nivel estatal) a Confederación Hidrográfica do Cantábrico (que inclúe medio concello, ó sur do Mondigo e chegando xusto…

  • Novas do concello de Ribadeo : anos do 1936-1940 (1)

       Onte recibín unha ligazón que apreciei:    Novas do concello de Ribadeo : anos do 1936-1940 (1)    Doado de procurar en Google, aconsello o artigo, en espera da segunda parte. Nel, Isidro, vai debullando algún feito, como que ata o 23 os grupos armados golpistas non entraron en Ribadeo, e que a primeira…

  • 1935: o ferrocarril do Bierzo

    O 24 de marzo de 1935 publicábase na portada da Comarca, daquela ‘semanario popular independiente’, o seguinte artigo, en primeira páxina e copia dun publicado no ‘Galicia’ de Madrid. Si, a historia podía ter sido diferente (tendo en conta ademáis que daquela xa se tiña afondado con anterioridade no mesmo tema abondos anos):

  • 16 de novembro de 1934: unha curiosidade na Comarca

    Coller unha Comarca vella non deixa de ser unha fonte de sorpresas (case coma hoxe, pero con matices diferentes). deixo abaixo unha foto tomada polo medio da comarca de 16 de novembro de 1934, é dicir, hai 84 anos, en tempos da Segunda República. O caso é que en semanas anteriores viña traendo o semanario…