-
Anunciando a Gondán na ría de Ribadeo

Diría que non é a primeira vez que publico esta imaxe no blog, pero o caso é que non a dou atopado, poo tanto aí vai. Trátase dun sinxelo anuncio. Os daquela pequenos estaleiros Gondán anunciándose coa súa situación sobre a ría de Ribadeo:
-
COVELAS VERSUS CUBELAS. José María Rodríguez Díaz (2009)
Unha análise da historia do nome da parroquia… Lendo o que escribe José María, vénseme á cabeza se non pode haber contradición entre as formas galegas e as castelás usadas por José María como evidencia. Sábado, 21 de noviembre de 2009 COVELAS VERSUS CUBELAS • Publicado por jmrd_ribadeo a las 16:55 He aquí dos…
-
Deportados, a exposición e charlas

Deixo a comunicación dunha exposición e actos relacionados, impulsada pola A.C. Francisco Lanza que pode ser interesante: De novo imos poñer en marcha outra exposición. Desta volta vai tratar sobre as persoas da Mariña luguesa que foron deportadas a campos de concentración nazis. Tamén lembraremos a xentes do Occidente de Astruias que sofriron a…
-
AS MILICIANAS DE RIBADEO. Pancho Campos Dorado

Mural sobre as asasinadas 13 Rosas en Gandía. Foto de Francesc Fort para Commons.Wikimedia.org con lic. CC BY SA 4.0 AS MILICIANAS DE RIBADEO Pancho Campos Dorado As Milicianas foron aquelas mulleres que apoiaron e pelexaron no bando da democrática II República Española contra os golpistas franquistas. Foron mulleres desprezadas e moitas delas represaliadas polo…
-
En relación ó incendio

A liña branca encerra, a grandes rasgos, a zona afectada polo incendio En relación ó incendio En Ribadeo, durante algún tempo, non se necesitará máis precisión para saber a que incendio nos estamos a referir: o que deixou 2326 hectáreas, máis de 23 quilómetros cadrados, calcinadas entre o xoves 12 e o sábado…
-
NOVOS DATOS SOBRE A REPRESENTACIÓN CONSULAR EN RIBADEO. Chemi Lombardero

Como un anexo ós libros de Chemi Lombardero sobre o porto de Ribadeo, os que aparecen nas fichas da imaxe arriba, o autor adxunta unha lista co estado actual das pesquisas sobre os representantes estranxeiros en Ribadeo ó longo do tempo: NOVOS DATOS SOBRE A REPRESENTACIÓN CONSULAR EN RIBADEO Chemi Lombardero No meu…
-
Unha pregunta a ChatGPT: Historia da xente de Ribadeo

Alan Turing, pioneiro da IA Onte (10 de outubro) voltei a facer unha pequena tentativa con ChatGPT, para ver a súa evolución (e a miña no seu uso). Despois de tres tentativas que rexeitei, cheguei á cuarta, da que presento en baixo a miña proposta á IA e a súa resposta. Coido que podería…
-
ESCUDO DE ARMAS DO PAZO DE VALLEDOR. Pancho Campos Dorado

ESCUDO DE ARMAS DO PAZO DE VALLEDOR Pancho Campos Dorado Pazo dos Valledor. Escudo. O Pazo dos VALLEDOR está en Castropol. É un edificio do século XVIII ao que se accede por unha gran portada rematada por un arco de medio punto sobre impostas algo saíntes e con molduras. Os riles do arco están gravados…
-
Adeus

A Candelaria pecha. 1976-2023. Despois, pódense engadir máis cousas. Polo momento, imos saborear o derradeiro que mercamos.

