-
O primeiro CD da banda de Ribadeo, en Youtube
Atopeino hoxe de casualidade. E coido que merece unha difusión maior da que presentan o número de visitas que hai nestes momentos en cada un dos temas. Está gravado pola banda baixo a dirección de Hernán polo Servicio de Producción da Radio Galega os días 12 e 13 de agosto de 1997 no auditório da…
-
Mirando para outro lugar
Mentras se van vendo as manobras diversas sobre as Catedrais -onte, xuntanza en Santiago, e nota de prensa segundo o concello-, abonda unha mirada ó noso arredor para ver que a vida segue e que as Catedrais son importantes, pero non o único que manter en Ribadeo. Antonte tomaba estas dúas fotos, que dan unha…
-
Música para a festa
Hai xa moitos anos, 25, que baixo a batuta de Hernán Naval comezou a serie de concertos de Nadal/ano novo/como aquí, nin en Viena/aquí, como en Viena. Neste 2017, a cousa preséntase así: E, atención: hai que ir procurar as entradas antes! Un par de complementos: Comezando a historia da Banda Municipal de Ribadeo A…
-
In the Galician Letters day, practica o castelán
Non o atopo… onte dinme de bruces contra un anuncio que me invitaba, hoxe, a achegarme de compras a Asturias, a celebrar (en castelán) o día das letras galegas. Quería reproducilo aquí, pero con isto do ‘machine learning’, ‘smart net’ e cousas polo estilo a saber onde estará agochado para perpetrar a seguinte impresión. Menos…
-
A concesión do pleno a Hernán Naval do nome do auditorio (20060710)
Quero eliminar un vello blog no que deixei de publicar hai tempo, ‘Ribadeo historia‘. Como paso previo, necesitro ir pasando os datos para conservalos. Esta foi a entrada do 10/07/2006 (imaxes ampliables): En Issuu: Engadido: Comunicando, de Hernán Naval
-
17 de maio de 2015 dende Ribadeo e dende o mundo
O día das letras galegas hai moitos xeitos de velo. Dende Galicia mesmo haberá xente que só vexa o folclore, ou mesmo que non vexa máis que inutilidade. Eu vexo lembranza e necesidade, ou lembranza da necesidade de actuación. En Ribadeo hoxe haberá, nas catro rúas, ou as catro calles, que o topónimo está totalmente…
-
Comunicando, de Hernán Naval
Ordeando vellos papeis, hai pouco que me atopei coa obra de teatro ‘Comunicando (Traxi-comédia com parabellum. Nun acto)‘, asinada por Hernán Naval e publicada no 1990 na ‘colección de cadernos da escola dramática galega’. Queda en Publicado en Ribadeo. — Nota posterior: O lugar de ‘Publicado en Ribadeo’ deixou de existir por decisións da compañía…
-
7 de xaneiro de 2002, na Voz de Galicia … sobre Hernán
«AQUÍ COMO EN VIENA» LOURENZO FERNÁNDEZ PRIETO Así se denomina, sen complexos, o concerto de Nadal que o primeiro director da Banda Sinfónica de Ribadeo instaurou hai uns anos nesa vila e que ven de celebrarse por primeira vez dende o seu pasamento. Hernán Naval non foi unha rara avis mais si un grande músico…
-
Lembrando un amigo
LETRAS GALEGAS 2013 Hai agora 25 anos, o músico HERNÁN NAVAL PARAPAR lanzou, sendo presidente da Agrupación Cultural SEMENTEIRA, “unha campaña nacional de propaganda e de estímulo da povoación”—así o deixou escrito—para lograr que o Teatro Pastor Diaz fose patrimonio público. E así foi. Mentras o edificio do Teatro estivo en obras, SEMENTEIRA programou representacións…
-
Concerto da Banda Municipal de Ribadeo por Santa Cilla (20121124)
Cartel do concerto. Autor: Chenchu Sábado foi o concerto de Santa Cilla 2012 da BMR. A continuación, o concerto completo (1ª e segunda parte; tentou ser un remake do concerto inaugural, a falta dun par de obras), incluída a parte sonora do vídeo conmemorativo do 20 aniversario da banda. Parte 1: Parte 2: … e…