Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: galego

  • Resistente galego

    Lic CC-by-sa 3.0 de David Sebastian Liuzzo (Obra derivada: Alexandre Vigo), collida de https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:800px-EU_location_GAL.png. Despois de ver as novas destes días sobre o terrorismo galego (ler por exemplo “¿Existe Resistencia Galega o es un bulo de Gobierno?” en eldiario.es), venme á cabeza a pregunta de se se me podería considerar de Resistencia Galega, máis aló…

  • Día de festa das letras galegas

    Hoxe é día de festa das letras. Desfrutemos e deixémolas descansar, co mínimo imprescindible. O resto do ano, a traballar! Coido que é así, e non ó revés, non?

  • Celebrando as letras galegas, unha nota breve

    Hai moito que dicir, comunicar, comentar, describir, falar, opinar, espallar, indagar, escribir, aprender, gozar… moito, e pouco tempo para facelo. Mais hoxe, un paréntese para lembrar o que nos permite facelo: a nosa lingua.

  • In the Galician Letters day, practica o castelán

    Non o atopo… onte dinme de bruces contra un anuncio que me invitaba, hoxe, a achegarme de compras a Asturias, a celebrar (en castelán) o día das letras galegas. Quería reproducilo aquí, pero con isto do ‘machine learning’, ‘smart net’ e cousas polo estilo a saber onde estará agochado para perpetrar a seguinte impresión. Menos…

  • Unha entrada para Suso Peña

    Suso Peña ten unha entrada na Galipedia. Por razón de licenza, eliminei (polo momento, de xeito provisional) unha imaxe que eu mesmo cargara hai tempo, co que a entrada quedou lixeiramente diminuída. Como sabía que ía quedar así, tomei pantallazos dela para que quedara constancia de como estaba, á espera de engadir máis contido. Aí…

  • Galicia destingue

    Isa foi a idea que se me viu á cabeza onte, a eso das dúas e media do mediodía, escoitando Onda Cero, cun anuncio con subvención institucional promovendo Galicia como ‘destiño’ para visitar, comer… supoño que en castelán, unha vez acadados os últimos obxectivos de conquista lingüística e destinguida galicia de vez. Lamento non poder…

  • Fala, pobo, fala

    Recollo o estribillo da canción das primeiras votacións cando viu a democracia para lembrar que a democracia non é só ‘falar’ cada certo tempo nas urnas, senón tamén actuar. Na defensa de dereitos, actitudes… da propia democracia e da sociedade e cada un dos seus membros. Anda estes días sobre a mesa o tema do…

  • As letras en Parque Principado

    Hai algúns anos fixen un comentario no blog sobre as letras e a viaxe de compras a Parque Principado. Xa non se chama así, pero o fenómeno segue a ser o mesmo: Para parte de Ribadeo a celebración das letras galegas consiste en algo así como gastar os cartos fóra de Galicia en castelán. Lembrábao…

  • Celebrando o día das letras galegas na práctica

    Coido que o mellor xeito de celebrar o día das letras galegas é usando a lingua e dándolle novas oportunidades, ampliando o seu campo, facendo ‘patria lingüística’. Como fai por exemplo Pancho Campos descubrindo un pouco da historia de Ribadeo no seguinte artigo. “CASA BRASONADA DO PARQUE DE RIBADEO Francisco José Campos Dorado O escudo…

  • Letras galegas: Concerto da banda municipal de Ribadeo (20150530)

    Cheo no cine teatro, para variar. Lectura de Farruco Graña e bis e himno galego, incluídos, aínda que non aparezan no díptico-programa. No audio non aparecen as tres primeiras pezas. Mágoa, estábame gustando… E o ambiente? Bo!. O himno, mellor lelo noutro lugar.