Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: fotos

  • + tapas pintadas

    Hoxe pintáronse máis tapas da zona da rúa peonil. Aí van as que vin, acompañando ás do ano pasado (aquí e aquí):

  • Ria e tesón, edición 2013

    A ría, un ano máis. As fotos corresponden a marea moi baixa, hoxe, arredor das 12:45, (a marea baixa na zona dos bloques debeu corresponder ás 12:55). A destacar que a altura da area no tesón fronte ó porto de Mirasol acadaba 1,20 m en relación á auga, e que o ancho da lingua entre…

  • Onte a auga estaba fría

    Flores subindo Santa Cruz Si, certo: onte, nos bloques, a praia popular de Ribadeo, a auga estaba fría. Dixéronmo de camiño, e quixen comprobalo. Costaba meterse, e quizáis despois de dez minutos na auga podías notar as mans un pouco máis pálidas a causa da baixada de temperatura. Despois, nada de secarse ó sol: a…

  • Acompasando o tempo

    Parece que o tempo este ano vai parello ás malas novas económicas, políticas e de corrupción e comportamento de persoeiros públicos. Facendo bo o dito de ‘ata o corenta de maio …’, na época na que estamos, o Sol sae tímidamente entre nubes e as mangas curtas non son numerosas. Hai dez días que deixei…

  • A saída do túnel

    Así, movida, vendo luz exterior, ó tempo que o fotógrafo, eu, quedaba na obscuridade, quedoume hai algún tempo unha foto. Hai algún tempo, quizáis cando os ‘brotes verdes’ ou cando tras un ano de novo goberno todos os males do país estarían curados. Hoxe paréceme unha esperanza que se alonxa, como o grupiño de xente…

  • Perspectivas

    As perspectivas cambian a percepción do obxecto, e do entorno … Pódese ver ó fondo, Comado, Mondigo e ata perto de Santa Cruz, Ribadeo e a costa próxima, O fondo da ría de Ribadeo, … e as circunstancias das anteriores! (Monte San Fernando, ó sur de Trabada)

  • 19? de que me sona…?

    Hoxe son as protestas. Por que son hoxe? Porque se puxeron de acordo para facelo hoxe. Todos os sindicatos e partidos da oposición. Ou xente do movemento 15M. Por que son as protestas? Se non o sabes aínda, se non o sentes, non protestes: estás da outra beira. Ónde son? En moito sitios. En Ribadeo…

  • Unha tarde para desfrutar

    Onte, á tardiña, en Ribadeo, desfrutábase con vivir. Prima de risco? Dívar? Bankia? Latrocinio legal? Mellor a esperanza dun futuro mellor, máis en convivencia coa natureza, as protestas firmes, mantidas, pero lúdicas, imaxinativas, con futuro, as novas mañás (como a de hoxe) cun ceo que podes comer sen atragantarte, un decrecemento mantible, … A vida…

  • Tapas 10, ou 10 de tapas …

    Dicía o outro día que non estaban todas as tapas … pois coas de embaixo, (que resultan ser as de máis arriba, cara ó parque) o ollo e o mandala, coido que si, que xa están todas as tapas pintadas (había máis preparadas, pero que non chegaron a ser) a partir da iniciativa de Sonda…

  • Tapas

    Non están todas as que son (falta algunha), pero son todas as que están. [Nota posterior: entrada complementada coas restantes aquí, e as do seguinte ano, aquí] As tapas (de alcantarilla) marcaron este fin de semana unha nova rota de tapeo, na que, ademáis, puido verse por unhas horas ós e ás artistas aquí e…