Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: fotos

  • 1/4 de millón en liquidar barreiras

    Será nova dentro duns días, aínda que xa se sabe porque foi dada de xeito oral. O Plan de dinamización turística (PDT) parece rematar así, cunha boa obra, a súa vida. Pero non entendo moi ben, pois por unha beira díse que é para eliminar barreiras arquitectónicas e por outra dise que se vai a…

  • Concerto de Santa Cecilia

    Ó concerto pertencen esta foto e o folleto que ilustra o post. Mágoa que o auditorio non estivera máis cheo para escoitar ós 53+1 músicos da banda que actuaron. E que alguén do público non apagara o móbil, que desluciu o solo de clarinete de xeito oportuno, como soe pasar nestes casos. Disculpouse a actuación…

  • Dende o Mondigo non se ve a autovía

    En realidade, vese un pouco: xusto a partires da ponte do nó de Piñeira. Pero non todo o recorrido ó pé dos montes dende pouco despois de Santa Cruz ata que perde contacto co mar despois de deixar a tras a Cruz do Lobo. É algo curioso. É curioso. Dende alí vese só un pouco…

  • De Ribadeo ó ceo (pasando pola música)

    Onte houbo outro acto musical máis, o concerto do campamento musical. A música dos rapaces foi acompañada por uns ceos incribles; o que puiden gardar de ambos non fai fe á realidade… As fotos, o equipo de profesores do campamento, o equipo da Semana Santa tentando obter cartos para celebrala o mellor posible, o edificio…

  • Paz, tranquilidade e un bo libro

    Algo así tenta procurar moita xente en agosto. E hoxe en Ribadeo parece que llo tentan poñer doado. Por unha banda, presentación de ‘O bosque de Nadgor’, de Farruco Graña (xa referido aquí), con ilustracións de Chema e portada de Chenchu, como lectura. Por outra, continúa a exposición de mandalas, dos que poño unha pequena…

  • Xornais de turismo en secano

    A foto corresponde á 1000 xornais que (polo que pon a súa carátula) eran para repartir polas praias de Ribadeo o día 25. Onte (26) a última hora aínda estaban na Oficina de turismo (onde é de supoñer que sigan esta mañá), empaquetadiños en plásticos e agrupados por lotes de 40. Canta árbore, tinta, plástico,…

  • Santiago, Iago, Yago, Thiago, James, Jacques, … Día da Patria Galega

    Que significa o 25 de xullo? Para moitos só festa. Debe haber algún Santiago lendo o blog. Felicidades. O cartel, do concerto da banda previsto para hoxe da praza da Música de Ribadeo.

  • Avisos sobre o blog

    De xeito rápido, sobre o manexo do blog: 1. A Ribadeo Historia accedese clicando na ligazón no lateral (senón tamén, clicando no que está remarcado neste mesmo parágrafo). 2. Para poñer comentarios, accédese clicando abaixo de cada entrada onde pon o de ‘comentarios’. Pode haber algunha dificultade, e nese caso, clicando co botón dereito do…

  • Sacrificar ‘Un pouco’ o medio natural en Galicia

    Esa é a proposta que me atopo nun xornal do domingo, feita por o partido político que aínda hoxe é maioritario en Galicia. E pregúntome que é eso de ‘un pouco’. A cita, “Para que Galicia siga siendo capital mundial de la acuicultura hay que sacrificar un poco el medio natural”, está atribuída a José…

  • O circo, o que sobra e o que falta

    Hoxe vai de fotografías e poucos comentarios. A primeira, unha vista na que se ve misturado un circo con algo que tamén podía ser identificado en certo xeito como circo: restos das eleccións (que por certo, xa podían ser retirados; noutros puntos así o foron, pero non neste) A segunda, tamén co circo, esta volta…