Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: fotos

  • Xa temos zona bookcrossing

    Rematou a presentación da zona bookcrossing na oficina de turismo de Ribadeo. Ó final, foron preto de setenta os libros liberados, que se verán aumentados cada semana alomenos ata o próximo ano. Ademais, as verbas de presentación resultaron asemade de orientación dos presentes, prolongando despois a charla e comezando alí mesmo a participación na reixa…

  • Un erro informático, algún comentario en torno a Ribadeo e fotos para calmar e clamar

    Di a Xunta, bo, os xestores actuais dela, que é un erro informático e non doutro tipo que Feijóo figure co seu soldo sen conxelar. Créoo. As desviacións de soldos diversos poden vir por moitos sitios moito máis difíciles de detectar e menor perxuízo eleitoral. Así, un erro informático pode converterse nun ‘erro informativo’, deixando…

  • Cánto levan escoitado estas pedras de Santiago

    Tomo prestada a expresión do título para comezar este artigo sobre unha manifestación en prol da potenciación do galego. Onte en Santiago houbo una manifestación abondo numerosa na que compartín lugar con outra xente coa quecompartía máis ou menos ideas ou coa que non compartía formas, por exemplo nas frases coreadas que, camiñando ó seu…

  • A muralla de Lugo nunha visión particular

    Todos coñecemos a muralla de lugo. O reflexo do Sol nas fiestras tras de min produxo este efecto almenado.

  • Incredulidade

    Xa non é a primeira volta que os olíticos en postos de mando engañan á xente que deberan gobernar. Nin a segunda. por iso é normal que tras asegurar que se vai a facer algo, e reaseguralo, cando se negue despois de presións populares, non se crea, porque as verbas lévaas o vento. Onte en…

  • Musikeo

    Esta noite pasada foi o Musikeo 2009. A foto, nun momento dunha das actuacións, enmarcada no conxunto de Cabanela. Auditorio ó ár libre que foi acumulando xente, abonda, sen chegar a estar repleto nunha noite cunha boa temperatura, bonita lúa chea e Xúpiter visible.

  • San Xoán, festa. Patroa, festa?

    Comezan/seguen as festas coa de San Xoán e as fogueiras, para as que se sacaron numerosos permisos. Mentras, en Foz prepáranse para as festas veraniegas incrementando (iso din) a vixiancia de peche de locais a partires desta fin de semana. E en Ribadeo, por iso de que ‘Ribadeo is different’, a preparación das festas parece…

  • Ribadeo Okupa

    Día a día vai aumentando: comezou e deuse o aviso polo Tesón, primeiro das terrazas invasivas e logo dos invasivos ocupantes das catro calles. O segundo fenómeno, despois da resposta de pasaxe no pleno do concello onde foi prantexada, continúa a aumentar, de xeito que o cuberto lateral da igrexa de san Francisco está ocupada…

  • Un novo libro de Eva Moreda

    O sábado tivo lugar a presentación do último libro de Eva Moreda, “O país das bestas”, libro consecuencia dunha idea que foi finalista no premio Biblos-Pazos de Galicia no 2005, pero que tardou en ser rematado, por mor dos compromisos da autora. Foi acompañada na Casa das Letras ribadense polo editor de Biblos, quen fixo…

  • Natureza e impostos, entre outras cousas en Ribadeo

    Unha nova empresa de rutas a cabalao, A Madanela (633 393 330). Un novo impulso para manter o pobo limpo de excrementos de cans (nota de prensa). Igualdade de impostos para telefonía móbil e fixa. Mentras, van caendo tamén novas no plano deportivo: Victoria do Altruán en piragüismo, terceiro posto do fútbol sala feminino infantil…