-
Mani en Ribadeo
Lembro os tempos das manifestacións no entorno do cambio de réxime. Agora a gama é moito maior. E a posibilidade de uso político, tamén. A concentración de onte (entre 150-200 persoas en Ribadeo) posiblemente tería moita máis xente de non ter a crispación previa e a dirección de ‘pedra lanzada políticamente’.Case de xeito natural, foi…
-
As cousas pequenas fan a vida grande
Había un refrán sobre as cousas pequenas, pero esquecime del. Coido que o título pode remedalo. E é que hoxe vai de cousas pequenas, despois do segundo post de onte sobre a ordenanza de ruídos en Vigo. A Casa da Xuventude xa abriu co tema de informática. Polo momento, a resposta é pequena, pero é…
-
Educación non gratuíta. Pensamento local e actuación global en Ribadeo
Despois dunha fin de semana, plantéxome se a educación non está minusvalorada por sere gratuíta. É dicir, por sere un servizo público. Coido que o debe ser, pero tamén que é necesario valorizar a importancia dos servizos públicos, que o son precisamente pola súa importancia xeral. E en troques, polo seu nulo ou baixo custe…
-
Ribadeo tóxico
Hai que recoñecer que Ribadeo é pequeno. Que necesitamos mirar ás voltas para fóra para non caer na abulia desesperada polo sumidoiro de cousas que se fan mal. Tampouco hai que pensar que é o único sitio do mundo no que pasa: sería un ribadeocentrismo redutor. Pode que por eso o alcalde viaxe: non para…
-
Noite de eclipse en Ribadeo
As nubes cubrirán o eclipse desta noite en Ribadeo, o eclipse de Lúa mellor posicionado en abondos anos (ata o 2029). As dúbidas de todo tipo xa cobren o aínda culebrón Balbino/Santi (ou Santi/Balbino, que tanto monta, monta tanto). E mentras, de paso, tenta de cubrirse que se peche o porto, que o camiño cemiterio-vila…
-
Votámolos, puxémolos aí para que gobernasen doutro xeito, non para perpetuar comportamentos fraguistas
E os que discrepamos entón deses comportamentos non podemos calar agora. Verbas de Suso de Toro no artigo ‘Foi para facer outra política’ (en castelán) no El País, a semana pasada. Coido que con esa introducción, xa podemos falar doutra cousa. Pode a mente seguir pensando, no bipartito Xunta á que se refire o escritor…
-
Ribadeo, problemas comúns
Xa vai sendo común que haxa algunha nova de Reinante; esta vez, que deixe de ser Deputado Provincial, pero a min non deixa de asombrarme: onte mesmo pensaba que a historia rematara. De calquera xeito, refírome a historias comúns doutro xeito: volve o anuncio de que se repara a estrada do monte (e xa van…
-
de Ribadeo e remato de enterarme… (2ª de hoxe)
Coido que, se queres casa en Ribadeo, esta váite gustar… Deixo os comentarios para quen quera facelos.
-
Ribadeo día 1, telecentros
Parece que desta vánse poñer en marcha os telecentros con actividades. É dicir, por unha banda, comezarase a usar de xeito regular a casa da xuventude (eso espero, pois o de Ribadeo vai ter a base alí), que xa era hora para que os cativos de mediana idade teñan onde ir. E por outra, pode…
-
Esforzo
Chámame a atención a extensión dos deportes nos xornais: coido que é excesiva. Pero non é esa a cuestión sobre a que quero pararme hoxe, senón en que está mal distribuída, pois na realidade, máis do 90% (a ollo) está ocupada por economía. e tampouco por economía do deporte, senón por economía dos clubes deportivos,o…