Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Fotos Ribadeo

  • A lama pégase

    Agora que está de moda noticieira que varios países do norte de África tenten rebelarse contra gobernantes corruptos, que non deixa de estalo as manobras que fan políticos en activo en España para non só esquivar o cárcere, senón ganar votos a conta da śua popularidade co tema, que se ve que non é patrimonio…

  • Aproveita! Visita o porto (Novas vistas de Ribadeo)

    Despois do aviso das fotos de antonte, un aviso diferente: estes días está accesible o espolón sur da actual rade de Porcillán, co que se pode ter unha visión de Ribadeo algo novedosa. As fotos, para dar unha idea. As tres primeiras, de Mirasol: Unha, do Côte d’Or II, un trimarán que xa leva algún…

  • Fototeca(s) de Ribadeo

    Anda estes días pola prensa a realizacón dunha fototeca en Ribadeo. Deuse o aviso dende o concello dun convenio polo que a Deputación cedía 5 000 € para a realización do proxecto, e logo tamén se avisou da posta en marcha, comezando a próxima semana a recibirse o material no telecentro, co compromiso de devolución…

  • Reordeación da oficina de turismo

    Non sei de onde saiu a cousa, pero a Oficina de Turismo está reordeada. Máis vistosa, aínda que en canto ó aproveitamento práctico do espazo … A primeira imaxe, tomada do sigpac, a situación da oficina, co norte arriba, aparece ó norte o parque, ó leste o templete e a vella oficina de turismo, ó…

  • As vidrieiras da capela do cemiterio, v.1.0

    A raíz da cesión de fotos das vidrieiras colocadas por parte dos familiares actuais dos irmáns Moreno, xunto coas fotos do destrozo de Pancho Campos e algún complemento realizado por mín, e como un xeito de difusión, lembranza e (de xeito complementario) contra o esquecemento, remato de colgar unha primeira versión dunha publicación, As vidrieiras…

  • Os grandes son os que van dentro

    Onte foi a presentación do libro ‘Os Cocos de Ribadeo’. Coa Oficina de Turismo ateigada de xente, con algún destacado como Chole, porteador durante longos anos (un dos ‘grandes que van dentro’ aludidos na portada do libro) e facedor dun dos cabezudos -Mortadelo ou filemón, non me lembro agora-, Gilberto e Benjamín foron acompañados da…

  • Só nos queda xogar con extraterrestres

    O título corresponde a un comentario dunha persoa non afeizoada ó fútbol (non eu), e coido que encaixa no ‘Ribadeo era unha festa’ que se viviu onte. Ribadeo como parte da ‘roxa’ (o de España é algo máis complicado). Facendo ondear bandeiras, algunhas como a que amoso. ‘Divertíndonos’: berrando, bebendo, babeando (isto, porque cadra para…

  • Non son restos prehistóricos

    Non son restos prehistóricos senón os restos de dúas cociñas en Santa Cruz que pasaron a formar parte do vandalismo, a xulgar polas apariencias, hai non moito tempo. A desaparición das papeleiras daquela zona tamén coido que ten que ver co mesmo tema do vandalismo, ó que polo momento, apúntanse solucións que van máis contra…

  • Lembranza para o futuro da enseada da Vilavella, un rincón da ría de Ribadeo

    A piques de comezar, polo que parece, o paseo ata as aceñas, deixo dúas fotos para comparar o que hai hoxe e o que haberá dentro de non moito. O seguemento das obras, non tanto en cuestións técnicas, senón de respeto polo medio e polas persoas, é algo a exercer como dereito. Mesmo cando a…

  • 11 Mércores ás 11

    Tiña ganas e coincidiu. Pouco antes das 11 da mañá, onte, pasei por Castropol e vin o mercado que alí teñen montado. Non estaba sinalado, pero case era dado de antemán onde se podía situar. Extendíase pola rúa do Campo e o Parque de Vicente Loriente. 11 postos en total e, alomenos no tempo que…