-
O IES de Ribadeo, a base de voluntarismo
Coido que é a lectura que se debera dar ás queixas de CIG Ensino nos medios, nun tempo de recortes á educación e ós educadores: estamos a traballar nun lugar cunha obra que non está entregada e que polo tanto está cando menos nun limbo legal, como deixamos patente no último claustro e indica unha…
-
Sinxelamente, Ribadeo
Hai veces que hai que deixar actuar aquelo de ‘unha imaxe, mil palabras’. A cámara non é boa, o fotógrafo, tampouco, pero as imaxes collidas este fin de semana pasado de Ribadeo poden dar algo de si. Ribadeo, terra mar e aire, na lonxanía dende a Garganta. O ceo de Ribadeo no solpor dende as…
-
Cagadas (de paxaro) e solución
Días pasados falei dos paxaros. Estes últimos días non os escoitei. A foto de embaixo está tomada xoves. As cagadas no coche dan unha imaxe de que leva varios días alí. As ramas cortadas manifestan a outra faceta: nelas xa non poderán estar os paxaros.
-
De novo, os paxaros
Xa pasara ‘moito tempo’. Os estorninos están de volta por Ribadeo. Deixo a continuación catro fotos, unha ampliación e un vídeo: Unha árbore aparentemente normal no xardín, moi poboado de follas, iso si, Se nos fixamos, na ampliación a grande maioría das ‘follas’ non son tal, senón paxaros. O que se pode notar cando comezan…
-
Sobre as cousas boas
‘As cousas boas sempre estarán aí’ é a lenda do anuncio publicitario que leva varios meses na rúa. Chamoume a atención dende o primeiro día non o fondo, plácido, senon que o anuncio fora precisamente dun produto perecedeiro. Está claro que por boa que sexa o leite que anuncia, co tempo, degrádase e deixa de…
-
Ecoribadeo ou teonomía?
Hai xente que se queixa de que unha zona do paseo do faro cheira. Non me debeu de coincidir pasar moitas veces co cheiro, pero algunha si que notei un olor forte e atribuíno a outras cousas, que non a contaminación. De calquera xeito, o coidado da ría esixe unha maior atención, e non só…
-
Unha lembranza despois de defuntos
Nestes días o cemiterio de Ribadeo tivo unha morea de visitas, como tódolos anos por estas datas. Fronte á entrada principal, a capela foi moito menos visitada que o conxunto do cemiterio, pero quen a visitou puido ver que as fiestras laterias non teñen adorno ningún, quedando con vidrieiras só os rosetóns de cabeza…
-
Torres no clube náutico de Ribadeo
Hai xa longo tempo (máis de medio ano) que hai instaladas un par de torres con xeradores eólicos de eixe vertical na zona do club náutico, e mesmo téñome referido a eles en algunha ilustración do blog. Onte vin unha nova que volve sobre o tema, dicindo que pronto se terá os resultados do seu…
-
Estado actual de moitas ilusións: proxectos para Ribadeo
Ribadeo é persoa maior. Como tal, moitas ilusións e proxectos vánse quedando no tinteiro. Lei de vida? Si, inexorable, pero non invariable para cada un dos proxectos, pois está visto que se se deixa, o número de proxectos inalcanzables chegará ó infinito, mentras que con acción o número dos que se vexan perdidos baixará tendendo…
-
Amenceres dende o IES de Ribadeo
[Versión algo máis didáctica en http://fqribadeo.blogspot.com.es/2012/10/clase-de-astronomia-o-natural.html] A medida que nos metemos máis e máis no outono, os días son máis curtos, e os amenceres máis tardíos. Agora é a época na que a entrada no traballo (o meu) coincide co amencer, e de xeito direto ou atraverso de cristaleiras, hai oportunidades múltiples para contemplar o…