Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Fotos ría de Ribadeo

  • Nota de prensa de O Tesón: O cartafol ‘ría de Ribadeo’, un éxito

    Na avv O Tesón estanse a recibir mostras de agrado pola publicación do cartafol de cartas da ría de Ribadeo dende o mesmo día da presentación. Os comentarios van dende o recoñecemento da necesidade da publicación dunha documentación histórica así á valoración do coidado na edición, pasando pola xente que, ademáis, ofrece material complementario -de…

  • Xira alternativa

    Onte foi a xira de Santa Cruz 2013. Despois da polémica que a antecedeu, coido que foi abondo normal, dentro do normal que se pode cualificar un día así. A temperie acompañou e Ribadeo estivo petado pola mañá. Como xa é tradicional a xente comezou a desaparecer do pobo cara a mediodía, pero preto da…

  • Escollera no

    En torno á ría hai conflitos. Ás veces, pequenos, dos que non nos enteramos; máis probable aínda se se producen á outra beira. Quedei sorprendido hai pouco por un que non sospeitaba. A foto corresponde ó peirao de Castropol. Nel aparece unha inscrición xa medio borrada: ‘escollera no’. Non sabía a que se refería. Unha…

  • A presentación do cartaz Ría de Ribadeo

    Onte foi a presentación, no local de asociacións da rua dos Fornos, do cartaz ‘ría de Ribadeo’, a última (polo momento) publicación da AVV O Tesón. Deixo a ligazón ó ficheiro de presentación que colguei en internet. Falamos Pancho Campos, que fixo un repaso de feitos históricos e actuais en relación á ría, e eu,…

  • Unha nota de prensa de O Tesón: presentación dun cartaz con planos da ría de Ribadeo

      AVV O Tesón Nota de prensa Ribadeo, 20130714 A AVV O Tesón ten rematada xa unha nova actividade cultural. O próximo luns 22 de xullo, ás 20:00 no Local de Asociacións do Lavadoiro da Rúa dos Fornos de Ribadeo será presentado o documento ‘Ria de Ribadeo’. Cada unidade de ‘Ría de Ribadeo’ consiste nun…

  • Onte a auga estaba fría

    Flores subindo Santa Cruz Si, certo: onte, nos bloques, a praia popular de Ribadeo, a auga estaba fría. Dixéronmo de camiño, e quixen comprobalo. Costaba meterse, e quizáis despois de dez minutos na auga podías notar as mans un pouco máis pálidas a causa da baixada de temperatura. Despois, nada de secarse ó sol: a…

  • Polémicas (rematadas) reacendidas, Barreiros e Ribadeo-ría

    A Xunta de Galicia recibe un varapao da Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que lle nega a regularización dos edificios de Barreiros. É a última das polémicas que se reacende. Esta volta, por unha xustiza que se ten tornado aleatoria, en función de intereses e control en moitas ocasións, mentras noutras, as menos en…

  • Sello da Ponte dos Santos sobre a ría de Ribadeo

    Copio a nova de Correos.es sobre o selo presentado o sábado pola ministra en Ribadeo. Non dou detalles do acto (supoño que sairía nos xornais co listado de cargos presentes), pero si do selo, que coido máis importante, con 260 000 exemplares tirados: == Puente de los Santos sobre la Ría de Ribadeo == Data…

  • O medio en Ribadeo

    Este fin de semana que ven celébranse en Ribadeo as xornadas dos humedais, con paseo para avistamento de aves (apuntarse en Turismo) e presentación de libro. De medio ambiente, pero esta vez social, trata asemade a asamblea de O Tesón que tamén se celebrará o sábado. Para acompasar a espera, deixo embaixo varias fotos e…

  • Imaxes dun rescate na ría de Ribadeo

    Antonte a nova foi o rescate de dous mariñeiros que encallaron cunha lancha nas carrallas. Veu un helicóptero, xa noite pecha, e realizouse o rescate, pouco antes de que a ‘Nova Antonia’ envorcase coa baixada da marea. A parte dos danos materiais, os tripulantes (o patrón xa sufriu outro naufraxio hai uns anos) saíron ben…