-
Despois da tempestade, a calma
Si, onte, despois da tormenta, voltou a calma para ofrecer unha paisaxe limpa e poder desfrutar unha da ría como un espello da paisaxe e do ceo que quixo acompañalos. Dende as Aceas, a costa ó sur da vila de Castropol enmarcaba unhas cantas embarcacións fondeadas. Mirando cara á Veiga, a luz deparaba paisaxes tamén…
-
Imaxes do verán en Ribadeo
Con nostalxia quizáis, dende unha mañán de néboa que molla, sabendo que aínda virán días bos para desfrutar da ría, unha volta rematado agosto deixo algunha foto da zona de O Tesón de Mirasol-Tesón da Vilavella-Enseada dos Bloques, para lembranza da disposición deste verán, ó igual que en anos anteriores. Marea alta, baixa e un…
-
Enfocando 2014
Inxenuo. Isa é a verba que se me ven á cabeza despois de dous artigos vistos esta mañá. Un deles, unha charla nun foro informático que non fai máis que ampliar o coñecemento da nosa falta de privacidade, algo que nos está a levar a un abano de posibilidades entre enxame, colmea e rabaño, ninguna…
-
10 000 toneladas de madeira
Calculo que unhas 10 000 toneladas de madeira están agardando nestes momentos en Mirasol para ser enviadas dende o porto. Isa é a ocupación que revela a foto, tomada onte ó anoitecer e na que se ve que a ampliación de 100 m de fronte feita hai uns anos está repleta de atados. …
-
Vento, ondas, paz
Polo momento, parece que o vento calmou. Non estaba calmo antes da fin de semana, cando tomei algunha fotos na punta da Cruz ás ondas, a escume, ó faro da illa Pancha sobrepasado polas ondas. E tamén, pouco despois, en terreos do antigo complexo de Benquerencia, o arco da vella.
-
Edda Ferd e Stril Luna en Asteleiros Gondán
Onte a entrada era sobre o estaleiro que significa a principal industria da ría de Ribadeo. Hoxe, as fotos dos barcos que ten aínda nestes momentos, en porto e en rampa. [Nota posterior: a saída do barco en porto foi arredor das dúas da tarde, con marea xa non tan baixa]. A botadura do Edda…
-
Un premio para o ascensor
Ribadeo ‘espertou’ o pasado día 7 de outubro coa concesión dun premio ‘ó ascensor’. Con esa idea foi recollido nas novas e polo alcalde, segundo elas. Así foi recollido cun certo retraso. Collo a parte da nominación do Ri.U.So que atinxe ó ascensor: “gli spagnoli Elisabeth Abalo e Gonzalo Alonso hanno vinto…
-
Que, mercas a ría? Lembrando o nome da ría de Ribadeo
Non puiden menos que lembrar o nome da ría de Ribadeo hoxe, a conta da xente que di que que importa o nome, que hai que coidala máis, e logo, que se chame como se chame. É certo que hai que coidala máis, pero iso é aparte do nome: pódese facer teña o nome que…
-
A ría de Ribadeo da Ponte dos Santos, en marea baixa
Hai unha semana voltou ser marea viva. Dende as primeiras columnas da ponte podíase obter estas vistas: A base das columnas abrangue abondo aló do que parece. A altura de base que sobresae da auga, cousa de algo máis de 1,5 m Bo momento para que a draga rinda. O malo, como puiden observar despois,…
-
Ria e tesón, edición 2013
A ría, un ano máis. As fotos corresponden a marea moi baixa, hoxe, arredor das 12:45, (a marea baixa na zona dos bloques debeu corresponder ás 12:55). A destacar que a altura da area no tesón fronte ó porto de Mirasol acadaba 1,20 m en relación á auga, e que o ancho da lingua entre…