Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Fotos ría de Ribadeo

  • Unha carta da Plataforma pola defensa da ría de Ribadeo

    Saiu onte, na Comarca (en forma de novas, xa antonte noutros medios). Acompáoo coa foto recente do que se denuncia: As obras na Ponte dos Santos

  • Catro barcos de pesca, terceira hoxe

    Unha delas, a Navarret, levando a virxe. Ese é o resumo da procesión do Carme deste ano, anunciada para as 8 da tarde e que resultou ás 9. O resto de embarcacións, de recreo, con excepción dalgunha especial, como a de salvamento.

  • Dereito e responsabilidade

    Un auto do xulgado denega á Xunta paralizar 1300 pisos de Foz. É noticia. Pode (alomenos, debera) estar adaptado á legalidade vixente. Á lóxica xa non é tan seguro que o esteña. E é que as leis non sempre van polo camiño da lóxica, senón dos intereses. Xa hai tempo conta aquelo de ‘quen fixo…

  • De duques e Plebeios

    Hoxe foi a inauguración na Casa das Letras da exposición dos traxes do Rei cedidos á casa de Alba en virtude de ser levados o día 6 de xaneiro, cedidos pola axuda do Duque de Ribadeo a unha batalla hai varios séculos (ver o ‘Ribadeo Antiguo’ de Paco Lanza para a historia completa). Non puiden…

  • Dúas fotos de agresións á ría

    Unha delas, poñendo á vista a nova zapata da ponte (última columna) mentras se instala o contedor para facer o propio na outra columna: adeus ós pases entre columnas que facía a lancha cando daba unha volta ós turistas ou ribeireños. A outra, unha lancha a toda pastilla nun sitio no que tiña que ir…

  • Ría de Ribadeo, pedregal de Irimia

    A elección dun nome pode ser algo serio. Véume á cabeza ó pasar por Meira e ver a teima co nacemento do Miño que teñen entre dous concellos: un, a favor do Pedregal de Irimia, outro a favor de Fonmiñá. Non sei no que rematará todo, pois a propaganda que está a facer Meira non…

  • O opio do pobo

    Evidentemente, os tempos cambian. Hai unhas décadas, neste país, considerábase o fútbol o opio do pobo. Agora, o 20% dos cocainómanos europeos son españois (cunha poboación que representa só o 10%), tendo un consumo medio superior mesmo ó dos EEUU. E é que a bonanza económica para algúns trae estas cousas, en tempos no que…

  • Que sería dos raposos se as galiñas non foran galiñas?

    É unha frase que aparece en ‘La Regenta’, a conto das relacións sociais nunha pequena comunidade eclesiástica. Pero vale a todos os niveis, Ribadeo incluído, claro: que sería dos que tentan impoñer sempre as súas ideas usando o poder se os que non soen facelo e non teñen o poder se rebelaran? Outro mundo é…

  • A velocidade da ría de Ribadeo

    En consoancia co artigo de E. Lombardero, unhas poucas fotos da ría. As fotos son estáticas, e así non se pode ver a velocidade que traen as motoras do fondo na terceira foto. Tampouco se pode ver moi ben a condición das augas nunha mañá con sol en Mirasol, con bañistas antes do verán astronómico……

  • Un artigo sobre a ría de Ribadeo e Ponte dos Santos, por Evaristo Lombardero

    Faigo aquí de retransmisor dun artigo que se non, supoño que non vería vida na rede. Está asinado por Evaristo Lombardero e sae este fin de semana na Comarca. (para velo aparte, premer co rato)