Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Fotos ría de Ribadeo

  • Chove, chove, chove … e chove

    Ese é o resultado de agora mesmo desta noite, onte, a noite de onte, … sería iso o que fixo que pasara cáseque desapercibido o día da árbore este ano? Albíscase unha nova fronte de conflitos en relación co medio ambiente. E non me estou a referir no recente caso de Mahía contra o concello…

  • Un descanso en Ribadeo

    Onte domingo véume de novo a lembranza da rodaxe da película ‘Os mortos van ás présas’, pola que levan pasado alcalde, ex-alcalde (ambos de curas), pícaros de Ribadeo (non só de Rinlo) como monaguillos, a banda (parte dela), etc. Por? Resulta que lendo a prensa entereime de que martes pasado foi o día mundial da…

  • Ribadeo diverso

    Comezo a escribir xa ó mediodía baixo unha música amplificada na rúa, moi concurrida, polo que entendo permitida polo concello, despois dunha noite típica de sábado, tamén con música amplificada de fondo, quizáis con máis boureo que outras noites semellantes, a conta de locais tamén permitidos polo concello, neste caso en particular destacando La Noche…

  • A comarca éguese en silencio

    O que podería ser unha boa noticia, collendo de xeito literal o título, e indicando a industriosidade local, non o é, se vemos que o silencio administrativo pode facer posibles atrocidades, algo que podería pasar en Barreiros e servir de exemplo noutros sitios. Por silencio administrativo tamén se poden conseguir cousas, e tendo cartos para…

  • Ría de Ribadeo

    Despois de que o Instituto Xeográfico Nacional dictaminara o que coido que non facía falta dictaminar, unhas cantas citas (a favor e en contra) como segunda de hoxe, como entrada antes de acceder ó que saiu na prensa sobre o tema (e sairá), a parte das moitase entradas sobre o tema que se poden poden…

  • O custe dos dereitos

    O título ven dun artigo que lino outro día: os dereitos non son gratis, para exercelos hai que dispoñer de ánimo, mantelos en bo uso, como calquera instalación que queres que non te falle, e iso representa tamén un coidado, unha preocupación e unha inversión. Xa espuxen moitas veces que dereito que non se usa,…

  • Naderías

    Hoxe vexo na prensa unha pequena nova que vai no mesmo sentido do que levo escrito varias veces. di que a este paso, a capital mariñán será Oviedo, pois a autovía cara aló leva e de aló ven… Levo pedindo Policía Local con horario ampliado longo tempo: aínda onte vin un anuncio de festa nouturna…

  • Apatía de Ribadeo

    De novo aparece a apatía. Esta volta entre os comerciantes, como un dos puntos básicos para que despois de 9 anos Gervasio Cao deixe a presidencia da Asociación de Comerciantes. Coido que nalgúns puntos, Cao e máis eu temos coincidencia de opinións. Noutros, oposición total. Así, por exemplo, aparece como un dos logros punteiros alardeados…

  • Deixando por un momento a campaña

    Onte vin parte da confrontacion televisiva entre os dous príncipes dos partidos maioritarios. Coido que Zapatero levoulle a ventaxa lixeiramente a Rajoy, se ben non andiveron finos ningún dos dous en moitos momentos, con meteduras de pata como a de Zapatero co canon ou as repeticións de Rajoy co terrorismo (que secundou en parte Zapatero).…

  • Dúas transformacións como primeira de hoxe

    Despois de irse asentando na cabeza de todo o pobo que aínda que non hai nada ‘oficial’, portos quere poñer unha nave de 25 m de alto na que albergar papel e barcos nos días de choiva a instancias da papelera (a propietaria da antiga CEASA de Navia), decidín facer cos poucos datos que da…