-
Oportunista
Uso o termo que na xuntanza galaicoastur de onte un conselleiro lle chamou a alguén que defendía a ría coas súas preguntas. Só eso. Oportunista. diante dos medios, diante de ‘todo mundo’. Dito por quen está a facer cousas como mandar amañar o saneamento dalgún pobo da ría con anos de retraso en relación á…
-
Como un anexo
Pois iso, como se fora un anexo á entrada anterior: xa comezaron as obras na Veiga, permitidas polo concello de Castropol. Sen estudo de impacto ambiental.
-
De ‘Non á ponte, xa o hai na Veiga’ a catro carrís
Un paso cara ó faro permitiume tomar algunha foto, e lembrei unha antiga pintada de ‘Non á ponte, xa o hai na Veiga’, hoxe xa repintada con varias veces doutros temas estranos (pero da que se ve aínda algunha letra). Tamén queda patente nas fotos o estado das obras de ampliación, onde se ve a…
-
Competencia inter beiras na ría de Ribadeo
Na ría de Ribadeo sempre houbo unha certa competencia entre os ribeireños e entre as entidades de poboación da ribeira, como sucede en xeral entre veciños. Ás veces, esa competencia é boa, pero ás veces, non. E desto segundo se trata. Enviáronme documentación sobre un caso que ven a enturbiar máis o tema da nave…
-
Non hai máis remedio: seguimos coa ría de Ribadeo
Pois iso. A non ser que queiramos comentar a viaxe a Uruguai (no que resulta que se fai de todo, dende anunciar axudas á Casa do Viejo Pancho a promocionar o turismo mariñán), ou lembrar discordias no interior da casa do concello á vista do que pasa agora no de Viveiro a conta da relación…
-
Marcando pautas
Hoxe algúns cativos de Ribadeo marcarán pautas. Farano na Pontenova, onde haberá un concerto didáctico a cargo da banda infantil. E mañá, concerto das letras galegas pola Banda Municipal de Ribadeo. E pasado, á Estrada de novo a banda infantil. É dicir, o papel pautado funcionará esta fin de semana a todo trapo entre a…
-
Unha continuación
Despois do ‘informe sobre a nave de Mirasol‘, e complementando de xeito parcial, hoxe só algunha foto tomada dende o Parador da zona onde se pretende artellar a nave (coa intención de facer unha composición perspectiva cando poda) e as ligazóns á nova recollida nos xornais da visitas do Presidente de portos onte (Na Voz,…
-
Recuperando a ponte dos Santos
Pola prensa entérome de algo que esperaba e ó tempo temía que non fora: a ponte dos Santos, sobre a ría de Ribadeo, a que fora asinada no último Consello de Ministros de Calvo Sotelo, sendo Antonio Martínez alcalde, terá, está comezando a ter, paso de peóns nos 25,25m de anchura que leva. É dicir,…
-
Obscuridade na ría
– artigo enviado para a súa publicación nos xornais – Obscuridade na ría Coido que é unha obviedade dicir que a auga constitúe a parte básica da ría, sexa a ría de Ribadeo ou calquera outra. E, para quen pasara aquí algún tempo, poñamos máis de dous anos, tamén será unha obviedade que estaśe a…
-
Semana reivindicativa
Unha imaxe relaxante apra comezar: Castropol, a semana pasada visto dende a baixada ós Bloques. Non importa que xa esteñamos a mércores e tras o pasamento de Calvo Sotelo aínda non teña ocorrido ‘nada’. Esta semana é reivindicativa para Ribadeo. Non só pola protesta do leite que xa se fixo a nivel Galicia, nin pola…