-
Déixasme pensar por ti?
Así, solta, é unha pregunta tonta, das que, se se plantexa, é en circunstancias moi especiais e ademáis con connotacións tamén especiais. Nembargantes, o que poderiamos chamar forza da tontería que subxace varía moito se pasamos da mera pregunta á aseveración: penso por ti. Distingamos novamente: non o un “penso en ti“, senon un “substitúo…
-
Será noticia
Xa foi noticia, pero parece que será. O terceiro atentado de ETA en 24 horas parece que tenta desviar a atención dende a economía á morte. Estráname que non saíra xa algún comentario nese sentido. En Ribadeo, será noticia a obra que parece que esta semana pode tomar corpo do ascensor da Atalaia, que corresponde…
-
Abellas
Mentras se seguen a suceder novas diversas, como a repetición da cesión do colexio por parte do bispado para albergue de peregríns, ou saltan alarmas por acoso en Alimerka, dáse nova de que mañá comeza a selectividade, que xa non pasa o Talgo por Lugo ou se vai esquecendo a actuación de alcalde e banda…
-
A voltas coas voltas
Parece que o comezo do curso non trae nada nvo, senón reviravoltas sobre temas xa vellos. Un deles, o tema das piscifactorías, revoltava a semana pasada, co plano acuícola mantendo enfrontados PSOE e BNG e xuízo contra Adega por parte de Acuinor. O resultado aínda está por ver, a pesares de que a cousa cambio…
-
Confusións
Á espera de recibir as próximas notas de prensa do concello, miro a prensa con certo escepticismo. O primeiro co que me atopo é a nova de que a xente que non recolla os excrementos dos seus cans será multada. Se non lembro mal, coido que non é á primeira (e pode que nin a…
-
Máis sobre a nave no porto
A conta dalgunha petición que recibín e xa que hoxe ven por Ribadeo o Presidente de Portos de Galicia, aquí queda algunha precisión, tendo como base o que xa escribira en maio sobre a visita pasada: Características da nave que se pretende construír en Mirasol. (Enténdese que os datos postos a continuación son variables no…
-
Nota de prensa do concello sobre Mahía
Que conste que hai tempo que digo da responsabilidade patrimonial dos alcaldes: se o anterior tivera esa responsabilidade patrimonial, seguramente non estariamos vivindo estas ameazas por parte de Mahía. Lembro a solidariedade de O Tesón coa actual visión do concello sobre o tema, xa manifestada no blog. Cun pouco máis de alegría, a foto de…
-
Procesión do Carme
Calquera que se achegue pola praza de abaixo poderá ver a fachada do Cine Colón xa remozada. Facíalle falta. Non sei como andará polo interior, se o van tocar ou non, pero polo exterior xa pinda doutro xeito, aínda que non lle chegue a como era antes. Pronto, foto. Hoxe é a procesión do Carme,…
-
Final das xornadas de medio ambiente
Visto que o máis importante que ocorreu onte en Ribadeo parece ser que ‘encallou’ o camión que traía carpa para a reunión do PP con Feijóo, non fago máis comentario que o remate das xornadas de Medio Ambiente, coa segunda parte da charla sobre urbanismo que comecei onte. Para retomar a charla de urbanismo collo…
-
Unha segunda de hoxe
Hai moitas novidades por Ribadeo, que coido deben ser separadas do comentario anterior. Unha, o concerto da Escola Municipal de Música e Danza Hernán Naval, que tivo novidades como unha demostración práctica e miniclase previa por parte da profesora para poder bailar unha samba, acompañados todos por a banda da escola. Como sempre, foi presentadoa…