-
Chegou a primavera. Vistas cara á beira da ría de Ribadeo.
Dende onte estamos oficialmente na primavera. E onte, a praia dos bloques ofrecía o aspecto da foto. Acompañada da imaxe dun Castropol que está a cambiar a súa fisiognomía coa construcción dun edificio que lle come os pés ó edificio da sociedade que está no parque. Mentras, no noso porto, a vista tamén está a…
-
Os faros da entrada da ria de Ribadeo
Os tres faros, da Punta da cruz, en vermello, illa Pancha en amarelo, e Carrallas en verde, con tempo abondo para ver a súa secuencia.
-
Tres fotos
O aparcamento no recheo dos 90 non creo que estivera previsto nin ó comezo como tal aparcamento nin despois como aparcamento de caravanas, pero cunha foto de tres das sete caravanas que había o outro día no porto pode terse unha idea de como se vende e como resultan moitas das obras que se fan,…
-
Instituto Social da Mariña
Na foto, o nivelado da base do peirao de Mirasol, tomada a semana pasada. Alerta UPRi de que Ribadeo está a piques de perder a delegación do ISM que mantén na Casa do Mar, e propón tomar medidas preventivas. É de supoñer que a información sexa certa e que se teña pensado pechar a curto…
-
Visto hoxe en Ribadeo
Un pequeno paseo perto da ría da moito de si (xa non se pode dicir a carón da ría, que en boa parte do recorrido non queda á beira do camiño): A primeira, as novas escaleiras de baixada a Cabanela dende a Atalaia, aínda en obras, infrastrutura que facía falta remozar, ó contrario do ascensor.…
-
Por Porcillán, observando
Pode que a estas alturas xa sexa máis práctico, en troques de falar de Porcillán ou de Figueirúa, falar do porto deportivo. Sen confusión de étimos e variación de verbas ó longo do tempo. Sinxelamente, unha substitución. Onte houbo unha asamblea do C.N. de Ribadeo, a sociedade que controla o porto deportivo. Polo momento non…
-
A contraluz
En Ribadeo non se pode esquecer a ría. Alomenos, non se debe, se se quere ter conciencia do pobo ou mesmo vivir coas posibilidades que ofrece. Ou se se quere saber boa parte do que pasa en Ribadeo. As fotos están tomadas esta fin de semana. A porta principal baixa do ascensor da Atalaia, que…
-
Miradas dende (e para) a Atalaia
Parafraseo o título do boletín da Atalaia para agrupar nun só título doce fotografías tomadas hai unha semana. Pode que fora mellor ilas desgranando pouco a pouco, explicándoas, comentándoas, facendo ver a interrupción visual en algo que noutro momento foi mirador e agora queda como balcón sobre Porcillán. Decidín non facelo así agora (quizáis máis…
-
Paseando polo porto de Mirasol sobre a ría de Ribadeo
A contínua atención á verxa do porto de Mirasol que está a ter Portos de Galicia non deixa traslocer cando será o día no que a verxa se peche, estando xa preparada. Pode que non o esteña para os patróns que rexen istas cousas, pero aparentemente hai xa algún tempo que podería pecharse en calquera…
-
Un vídeo de windsurf na ría de Ribadeo
Onte, sábado, entre Castropol e Os bloques.