Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Fotos ría de Ribadeo

  • O aumento do consumo en Ribadeo

    Unha alegoría fotográfica do consumo acelerado da nosa civilización, no noso concello: os depósitos que se poden ver nas fotos, en Noceda, non necesitan de explicación complementaria. Foron construídos para alimentar á mesma poboación, dun xeito sucesivo, en catro fases. A necesidade de auga, sinxelamente, considerouse que aumentou. O feísmo é patente, pero non se…

  • Que non se esqueza: é unha riqueza

    A ría de Ribadeo é fonte de paz, é asemade lugar que facilita o comercio. É un atractivo turístico. É moitas cousas. Entre elas, un lugar de paso de aves e invernada. Hai dúas semanas unha pequena nova daba fe da contabilidade de aves na ría de Ribadeo, feita polo goberno do Principado de Asturias…

  • Aproveita! Visita o porto (Novas vistas de Ribadeo)

    Despois do aviso das fotos de antonte, un aviso diferente: estes días está accesible o espolón sur da actual rade de Porcillán, co que se pode ter unha visión de Ribadeo algo novedosa. As fotos, para dar unha idea. As tres primeiras, de Mirasol: Unha, do Côte d’Or II, un trimarán que xa leva algún…

  • Especialistas ad-hoc

    Na fin de semana chamoume a atención unha nova lonxana: as covas de Altamira están á espera dun novo estudo para permitir a súa reapertura. Se ben se mira, Altamira, a tres horas de coche, non está tan lonxe. E a postura, tampouco é tan lonxana: trátase de facer cadrar os resultados ata que se…

  • Atravesando a barra da ría de Ribadeo

    Onte, co temporal no mar, era difícil de atravesar a barra da ría. Outro día falaremos do que é a barra, pero hoxe, pediría imaxinar o que sería entrar un barco na ría a finais do século XIX, a vela, coa opción de quedarse no mar cun temporal e ondas semellantes a estas, tomadas ó…

  • Un transporte especial

    Chegou o transformador ó porto. Xa hai un par de días que leva cargado. Non obstante, non se movera onte pola tarde dalí. Nunha conversa casual pillada ó paso pareceume entender que se tiveran problemas na desestiba, pero, tivérannos ou non, o caso é que se puido ver (quizáis aínda se pode) no porto un…

  • Non son restos prehistóricos

    Non son restos prehistóricos senón os restos de dúas cociñas en Santa Cruz que pasaron a formar parte do vandalismo, a xulgar polas apariencias, hai non moito tempo. A desaparición das papeleiras daquela zona tamén coido que ten que ver co mesmo tema do vandalismo, ó que polo momento, apúntanse solucións que van máis contra…

  • Lembranza para o futuro da enseada da Vilavella, un rincón da ría de Ribadeo

    A piques de comezar, polo que parece, o paseo ata as aceñas, deixo dúas fotos para comparar o que hai hoxe e o que haberá dentro de non moito. O seguemento das obras, non tanto en cuestións técnicas, senón de respeto polo medio e polas persoas, é algo a exercer como dereito. Mesmo cando a…

  • Portos en Ribadeo

    Aparecía onte a nova de que a reconstrucción das naves do porto está próxima. A necesidade de facer algo é evidente para quen pase á beira. E, nun porto dinámico, o lóxico é unha construcción. Reconstrucción segundo parece neste caso, á que se adicarán 549 000 €, que ademáis servirán para unha nova nave duns…

  • 11 Mércores ás 11

    Tiña ganas e coincidiu. Pouco antes das 11 da mañá, onte, pasei por Castropol e vin o mercado que alí teñen montado. Non estaba sinalado, pero case era dado de antemán onde se podía situar. Extendíase pola rúa do Campo e o Parque de Vicente Loriente. 11 postos en total e, alomenos no tempo que…