-
Fotos de curiosidades ribadenses destes días
Obras en Mirasol para ampliación da fronte á ría de ribadeo Ribadeo está cheo cada dous por tres, de ‘últimas fotos’ ou ó revés, ‘primeiras lembranzas’, porque para ben ou para mal, está en movemento contínuo aínda que poda parecer que non. As seis fotos de hoxe testemúñano, despois de seren tomadas todas onte. A…
-
O Paula C, entrando
Esta tarde (20110827), ás 8, entraba o Paula C, procedente de Fawley (Portsmouth). O Paula C, dende o forte de S. Damián Estamos nun bo día: o buque, rodeado de barcas, veleiros, etc
-
De nomes, historia e futuro
Coido que a asignación do nome a algo é importante: é referenza, a cara que se lle pon para facer visible o que sexa. Determina en parte -ás veces, máis, outras, menos- o trato que se lle dá, a percepción do que é, a nosa relación co ‘elo’. Cando se nomea a un recén…
-
Un porto cerrado / un porto aberto
Entrada correspondente á semana pasada, quedou sen subir por un erro Un esceario, unha pequena expo de vehículos novos, un trailer-bar, e o paso cerrado Un porto debe ser aberto. Iso penso. Un evento como a Transgascogne amosa como de aberto pode ser. Pero ó tempo, en Ribadeo vivimos dende hai anos nun temor de…
-
King Kong non mexa
Lembrádesvos do mexadoiro de King Kong? Pois está seco, King Kong non debe mexar … O mexadoiro de King Kong, encadrado entre dous edificios emblemáticos de Ribadeo. Onte pasei polo parque do mineral e vin que estaban a retirar a balaustrada (o que quedaba dela). Ben feito. Non sei se a repoñerán (a orde de…
-
No verán
Amencer na Illa Pancha (F. Graña) No verán é máis difícil coller un amencer: o sol levántase antes. A illa Pancha, nesta foto de Farruco, a parte de presentar unha perspectiva que só se da no amencer destes días, preséntanos un sol saíndo moitos graos ó norte, uns 30º, plenamente no mar, facendo parella coa…
-
Rebaixas
Remato de escoitar hai un pouco na radio sobre unha magnífica crema feita con veleno de serpe, para o cute, importada direitamente de Los Ángeles, onde parece ser que a usan as estrelas da pantalla con magníficos resultados, non hai outra igual en toda Europa (non di se hai competencia noutros lugares do mundo), e…
-
Subindo no ascesor da Atalaia
Unhas imaxes (50 s escasos), subindo no ascensor da Atalaia, pretendendo enfocar o máximo de vista … 50 s ou ‘ascensor habemus’, con ligazóns sobre o tema. Post coa inauguración do ascensor.
-
Un novo paseo
As da beira son algunhas fotos das que remato de cargar en Flickr sobre o Paseo das Aceas que se está a facer dende os bloques (poden verse a partir de aquí). Comeza nos bloques, onde se están a facer varias reformas: novos edificios en troques dos vellos, saneamento da antiga rraseira de edificios, eliminación…
-
Comunicando a Mariña con…
Xúntanse entre onte e hoxe varias novas sobre a comunicación na Mariña (na Voz). De oeste a leste, a primeira corresponde a Viveiro. resulta que a conta de obras que se van facer para a ampliación da ponte do ferrocarril, fixéronse medidas de tráfico e o resultado parece ser que nas tres saídas principias da…