-
Nunca mais … ? (2ª de hoxe)
Como cando se escrebe primeiro con letra grande e crara e logo con letra cada volta máis pequena e escura… cunha grande interrogación ó final Eso foi o que sentín ó ver o cartel que sae na foto, situado á saída de Burela e que era unha bandeira co ‘nunca máis’. A bandeira non se…
-
Ribadeo, día de defuntos
Ontes o mercado estaba cheo de frores. Hoxe, mercores, non hai mercado. É día de defuntos. É curiosa a parafernalia do día. Coido que a celebración de defuntos ven de moi antigo, con base na lembranza dos seres queridos que xa non están, convertida en consideración relixiosa. Na actualidade, o cemiterio está tamén concorrido o…
-
O paradoxo do mentireiro: fides ex auditu, tamén en Ribadeo
Onte leín no ‘El País’ un artigo de Joaquín Estefanía titulado ‘La paradoja del mentiroso’. Antes de seguir, unha citas da primeira parte do artigo (a segunda coido que non ten a altura da primeira): “la democracia es dinámica, (…) la impulsamos o retrocede” (algo que levo dito unhas antas voltas nos post anteriores) “la…
-
Pubeiros, baristas e Anna Politkovskaya
Hai un tempo, introducín no meu vocabulario un neoloxismo (coido que oínllo a un amigo e non foi invención miña), ‘pubeiro’, para designar á xente relacionada como propietario ou traballador dun local de hostelería nouturna. Máis adiante, abondo máis, atopeime co saquiño de azucre que aparece na imaxe e pregunteime e preguntei que sería barista.…
-
‘As avantaxes do nudismo saltan á vista’ (Woody Allen)
Polo que parece a cita de Woody Allen é certa: é del e ademáis é comprobable, alomenos en certas circunstancias. Chamoume a atención que, ó tempo, poidera ser xeralizable a moitas outras situacións, parafraseando con substitución de nudismo por outras palabras. Quen non o crea, pode probar con ‘ría limpa’ (en Ribadeo comprenderase perfectamente, o…
-
Un é dono do que cala e escravo do que fala
Para un momento no que un non quere escribir moito, o título pode servir de desculpa.
-
A Mariña dos mercaderes separase de Asturias
Ó crear o que oxe coñecemos como Unión Europea, o primeiro que comezou a funcionar foi o que se chamou a ‘Europa dos Mercaderes’, de xeito que, aínda despois de chamarese Unión, índa o distintivo dos productos segue a ser EC, deirvado anos despois do chamado ‘Mercado común Europeo’. Tamén, era unha das cousas pola…
-
Algo máis para hoxe…
De novo, algo chama a miña atención; aí vai sen traducción: “si las injusticias se repiten, ¿cómo no vamos a repetirnos nosotros denunciándolas?” (Rosa Montero, El País, hoxe) Hai un ano saía ‘Imaxe Típica’, e hoxe é nova que Noam Chomsky (para algo curto, mellor aquí)sexa supervendas gracias á ponderación dun dos seus libros por…
-
… e continuación de Mar por Medio en Ribadeo (2ª de hoxe)
Na mesma charla que dicía antes falouse da multi identidade simultánea, un termo que oculta algo tan vello como as persoas: non temos unha soa faceta, e polo tanto posicionámonos fronte a diversos temas de xeito diferente, podendo incluír nas nosas preferencias varios ó tempo, aínda que poda haber un solapamento contraditorio entre eles. Por…
-
Ribadeo, terra de insultos
Nun pequeno oasis sobre a denominación da ría de Ribadeo parece que hai xente empeñada en buscar, cos seus actos, un novo nome á terra de Ribadeo: terra de insultos. Hoxe aparece nos diarios cómo, o mesmo día que se reúne a xunta de seguridade, o alcalde chama chorizo (‘suposto’) ó xefe da oposición. Edificante.…