Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.418 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: filosofía

  • Hai vinte anos, a lei xa non se cumpría

       E daqueles tempos a hoxe, o refinamento do incumprimento vai a maiores. Agora, facer a lei a medida, e se non hai tempo, cambiar a fiscales ou xuíces se non sae ‘a devolver’ é algo que estase convertindo en normal. Normal de norma de quen o fai porque llo permitimos. Todos. E se sae…

  • Historia de dous faros

    Un, de hai século e medio. O outro de hai ano e medio. Cando se construíu o faro de illa Pancha non creo que a ninguén se lle pasara pola cabeza que remataría sen servicio, sen mantemento, prohibido ó pobo, cedido para hotel privado, e sendo alimentado o faro por luz contratada a traverso dun…

  • Resume de catro anos: Feijoo Arrasa. Manual para o día despois

    A parte resumida é dun titular da Voz. A introdución do título púxena eu como interpretación. A un arrase de catro anos correspóndelle outro arrase, de sentido ben diferente, nunhas votacións. Necesitamos un ‘manual para o día despois’. A primeira tentación foi algo como: 1.Emigra. 2.Se non podes, Queda na casa dentro de catro anos.…

  • «Nunca criticariamos o cobro de viaxes e dietas se houbese logros e avances importantes»

    O título é un subtítulo que sae hoxe nos papeis. E un indicador de mentalidade de acción política. Naturalmente, na nova de hoxe as palabras son atribuídas e hai cores políticas e actuacións concretas polo medio, nun lugar determinado, mais prefiro deixalo así: coido que é abondo máis explicativo. Viaxes, dietas… ou calquera outro emolumento…

  • Dirixindo a atención

    Quen estaría en desacordo en discutir un tema que domina, lle gusta e lle favorece? Xa o propuxo dende hai moito tempo Tsun-tzu na Arte da guerra: Escoller o campo de batalla é unha avantaxe grande para o desenrolo da mesma. No actual desenvolvemento dos gabinetes de prensa hai unha razón de propaganda como anuncio…

  • De mulleres en Galicia, visto en Asturias

    Onte un xornal asturiano ilustraba cunha gráfica a nova ‘Las asturianas ganan talla en la empresa’, na que destacaba que Asturias é a segunda comunidade en porcentaxe de ‘féminas’ (sic) en postos de consello de administración das PYMEs. Na gráfica aparece Galicia como a primeira comunidade do estado en porcentaxe ocupado por mulleres en tales…

  • O mundo visto dende Ribadeo

    Onte tive a oportunidadede desfrutar do solpor  de Ribadeo. Nas catedrais aínda había xente, moita dela tentando capturar o momento tanto ou máis que vivíndoo. Sen impedimentos de entrada, que iso é para a galería e os momentos de día, que non teñen por que coincidir cos momentos de pracer (algo que -a falta de…

  • Ábrense os sentidos

    Un sol entrenubrado chega ó interior, misturado coa música do instrumentista da esquina, o son das gaivotas e o repaso das novas da mañá: mentras en España seguen a retirarse miles de millóns da ‘hucha das pensións’ despois de rebaixar os impostos ás empresas, darlle cartos ós bancos, roubar a mansalva, aumentar o número de…

  • Os partidos tradicionais, facendo o tradicional

    Adiviñas quen enviou propaganda electoral en papel… O tradicional: os sobres incluíndo as papeletas de voto ‘boas’ mais o alegato correspondente. Campaña con menos cartos, si, pero non por convicción, senón porque non lograron conseguilos despois dos resultados do 26D… Hai quen se pon ‘no noso lugar’, imaxina o cansanzo por ter votado unha vez…

  • Celebrando a ‘festa da democracia’

    A democracia non é unha festa, e o seu pretendido exercicio esporádico, menos. A democracia é un sistema. Se se convirte nunha festa dun día, non pasa de ser un sucedáneo. Cando a democracia non se celebra día a día sen sentilo, cando sen traballo queda esquecida entre festas, non é democracia. Cando se esquece…