-
Casas de apostas
Nas cidades polas que teño ido a última tempada non o deixei de notar: as casas de apostas están á orde do día, ocupando espazo físico da cidade e coido que tamén mental nos cidadáns. “Cada vez que un goberno estatal recibe diñeiro dos casinos e lle chama impostos, esas autoridades están axudando a manter…
-
Eu si votei
Un sinxelo movemento, dar o sobre á urna, marca unha diferencia de sentir: exercín ou non o poder. Efémero a máis de diminuto entre unha poboación como a Ribadeo ou moito máis aínda, entre unha poboación como a de España, pero aínda así, nalgunha circunstancia, decisivo. En calquera caso, manifestación do desexo de participación activa…
-
Eu non votei
En España, votar ou non é liberdade persoal. Non hai obriga, senón vontade. Iso permite a abstención. Abstención que chega a sobrepasar moito a maioría da poboación nalgunhas mesas electorais, e que fóra de España, nas Eleccións Europeas, tense achegado ó 80% no conxunto dalgún país. Por que non votar? Está amosado que as zonas…
-
Estás en venda
Non nos enganemos: ninguén dá os pesos a catro pesetas. É un principo que coñecemos das transaccións comerciais. Outra cousa é coñecer o valor do peso para poder calibrar o cambio e saber se cho venden polo xusto prezo. En eleccións pasa algo parello. Pero o que está en venda es ti. O teu futuro,…
-
Un partido informando (‘informando’, así se titula)
Vou tirar un papel á papelera e fíxome: un aviso de que un acto de presentación dun candidato non se vai celebrar por cambios de última hora na axenda dun alto cargo do partido. Pero o candidato éo ás municipais. Os carteis xa estaban impresos e colocados, e a nota foi algo rápido, para saír…
-
Maio do 68
Tres de maio. Tal día como hoxe, hai 210 anos, estaba en marcha a rebelión contra o arrebatamento por parte dos dos franceses do poder en España, despois de ver como unha revolta en Madrid se convertía en fusilamentos, como foi recollido por Goya. E hoxe, hai xa 50 anos, tamén España cobraba conciencia de…
-
Despois do 8M, en Ribadeo
Éxito. En toda España. En en Ribadeo. Aproximadamente, 1/6 das mulleres de Ribadeo, entre 0 e 100 anos manifestáronse arredor do mediodía. Quedan agora os outros días do ano. Éxito tamén?
-
Da festa a festa
Comezaron as festas. Fixérono cun acto popular, o pregón, xunto cun acto cultural, a actuación da Coral Polifónica de Ribadeo, e antes dun acto deportivo, a carreira Rinlo-Ribadeo. Antes xa se deixaba sentir, dende días, mesmo semanas, o contaxio da actividade no parque, comercial primeiro, de nenos despois e de boureo. Dicir que comezaron, despois…
-
25 X: chámalle x (e despexa a incógnita)
Día de Galicia. Día da Patria Galega. Día de Santiago… e algunha celebración atribuíble máis fan que o significado do 25 de xullo sexa múltiple. Algo bó, mentres se teña clara a convivencia e o común. Calquera que rastrexe no blog poderá atopar que as reseñas do 25 de xullo van asociadas ó…
-
Os límites de Ribadeo
Hai uns dez anos que teño escrito o que segue, unha pequena divagación sobre Ribadeo e o seu entorno inmediado, e polo tanto, tamén sobre o noso entorno. Hoxe, repasando vellas cousas, atopeino. Aí vai en dous formatos: Límites Cales son os límites de Ribadeo? Calquera foráneo que mire un mapa poderá dicilo: nomeándoos polo…
