Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.566 posts
44 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: filosofía

  • Educación post primeira onda do COVID

       Din que se aprende moito por imitación. Que a educación é a clave do futuro. Que a loita contra o COVID-19 pasa tamén pola nosa propia educación. Que a educación formal nesta España nosa está de capa caída por culpa do(s) goberno(s) que priorizan en contra do ensino (e da educación, nin se sabe)……

  • Nestes tempos despois da primeira fase do coronavirus

    Nestes tempos despois da primeira fase do coronavirus parece que estamos a restablecer a que se da por chamar ‘nova normalidade’. Para comezar, se é ‘nova’ xa non se trata de ‘restablecer’, e polo momento ao menos, non será tampouco ‘normalidade’. Quizais máis adiante. Por outra banda, algo complexo, pois para comezar, non se sabe…

  • Pasando sobre dalgunha medida de fase

       Corto e pego abaixo o que remato de ver no Facebook do alcalde de Ribadeo (non está aínda nas novas da web do concello), e deixo antes algún apunte que tomei días pasados. Non para ir contra do goberno, que penso que non o está facendo tan mal dentro das posibilidades que ten a…

  • Procurando líder

    Líder inscrito na constitución.    Pasou o tempo dos líderes? Gustaríame dicir ‘si’, pero coido que a resposta correcta é ‘non’. A calquera nivel, do internacional ó local, e viceversa.    Comecemos por que me gustaría dicir que si. Se somos libres e polo tanto librepensadores, coa implicación de que actuamos dun xeito maduro, a…

  • Primum vivere, deinde philosophare: do DNI ó móbil e das moedas ás tarxetas

    Graffiti en Ribadeo    “A política non me interesa” é algo mantido ata que… se entende que son decisións políticas as que controlan as nosas vidas, como as que teñen obrigado ós médicos a ter que elixir entre que enfermo van tentar salvar e cal van sacrificar. Non, o anterior non é algo que se…

  • Dous cafés (de cafetería)

       Pequenas cousas que lle dan un punto á vida. Nimiedades, mesmo cousas superfluas que se ven como normais, son botadas de menos en situacións como a actual.    Este mañá coincidiume pasar por diante da cafetería La Lira mentres tiña a porta aberta -pero cunha cadeira no medio para evitar o paso- preparando no…

  • Baixamos un posto

       Non se trata de conseguir unha clasificación para os xogos olímpicos nin nada polo  estilo. Trátase do número de mortos polo coronavirus, ese que aumenta cada día e que en cada estado (mesmo dentro, nas divisións administrativas que poda ter) se mide de xeito diferente, mesmo con cambios no tempo, quizais para favorecer a…

  • Saíndo da caverna

    Caverna. Imaxe tomada de https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Alabama_cave_2005-04-24.km.jpg, lic. CC-BY-SA 3.0     Parece que imos saíndo da caverna.    Parece, porque a sensibilidade é diferente, as condicións tamén, e sobre todo, porque non podemos falar en plural, e hai cavernas e cavernas. Hoxe, de feito, as cavernas naturais son substituídas por metáforas de caverna. Saímos da caverna da…

  • Do tempo en tempos do coronavirus

       ‘Nestes tempos’ que vivimos, a percepción do tempo varía moito dunha a outra persoa. Pero o tempo, ‘existe’. Lembrei e reatopei un artigo do 2008 (hai varias versións de traducións circulando pola rede) para revisitar e comentar unha idea relacionada.    Basicamente, o fondo do artigo tenta visualizar que pasaría se aproveitamos o tempo…

  • Signos. Signos de querer o poder e non o traballo que leva consigo

    Imaxe tratada dende ‘tres monos sabios’, en commons.wikimedia.org por Rachmat04 (CC BY 2.0)    Signos. Signos de querer o poder e non o traballo que leva consigo    Tentar informarse de xeito diversificado nestos tempos é unha carreira de fondo na que se remata extenuado. A procura de información -da que hai inflación- vese torpedeada…