-
Do tempo en tempos do coronavirus
‘Nestes tempos’ que vivimos, a percepción do tempo varía moito dunha a outra persoa. Pero o tempo, ‘existe’. Lembrei e reatopei un artigo do 2008 (hai varias versións de traducións circulando pola rede) para revisitar e comentar unha idea relacionada. Basicamente, o fondo do artigo tenta visualizar que pasaría se aproveitamos o tempo…
-
Signos. Signos de querer o poder e non o traballo que leva consigo
Imaxe tratada dende ‘tres monos sabios’, en commons.wikimedia.org por Rachmat04 (CC BY 2.0) Signos. Signos de querer o poder e non o traballo que leva consigo Tentar informarse de xeito diversificado nestos tempos é unha carreira de fondo na que se remata extenuado. A procura de información -da que hai inflación- vese torpedeada…
-
Falando doutras cousas
Xogos de pícaros no parque de San Francisco en Ribadeo Chove en Ribadeo. Podemos falar do tempo. Ou, aproveitando unha saída de aprovisionamento, contemplar os parques baleiros de pícaros. Si, aínda hoxe. Chove, non lembras? Mirar a cinta da Policía Local para acordoar os aparellos de xogos e pensar, pobres pícaros… Ou navegar por internet…
-
15 000 L diarios de mexo
Botando contas sobre o que bebe unha persoa media, o depósito de mexo diario ven saíndo próximo a litro e medio diario. Non se tratra de ser exactos, senón dunha estimación para obter unha cifra, aínda que sexa con abondo erro. Así, multiplicando, chegamos a que os habitrantes no concello de Ribadeo produciríamos uns 15…
-
25 de abril nos EEUU
Esperto un 25 de abril confinado. E desenvolvo o día ata que teño conciencia da data. Volto atrás coa mente e penso o que fixen hoxe, unha data que levou a Portugal a unha nova vida. Quedan na miña cabeza apuntadas -máis ben o sitio onde ir de novo procuralas- unhas cantas ideas, que van…
-
Imbéciles
Dunha foto de Castelao. Foto no dominio público, collida da Galipedia. Desta, saímos máis imbéciles como sociedade. O que aglutina e vertebra a sociedade é a confianza. E está a distraerse de xeito intencionado. Cada vez, a maior velocidade. Polos bulos, fakes, falacias, mentiras misturadas con medias verdades, comentarios de citas parciais, descontextualización, e outras…
-
Canto mide Ribadeo?
Tárdame volver a recorrer as túas rúas, Ribadeo. Recorrelas con tranquilidade, entre xente, parando a saudar e vendo ós demais mover a boca tamén con tranquilidade ó falar. Sen medir os pasos, pero sentindo no corpo que están dados. Coñecendo que hai quilómetros e quilómetros para recorrer. Que os catro quilómetros de rodeo ó…
-
Hoxe vai de sensacións
Si, hoxe vai Sol. Unha moto pasa baixando pola rúa, e a máquina de limpeza do concello completa o cadro sonoro mentres alguén asubía. Ribadeo está calmo, pero vivo. E eu tamén. Aproveitando as dúas horas de Sol que chegan ás ventanas do noso encerro e que quencen o esprito ó tempo que dulcifican…
-
E mañá, cambios
Xa hai algún tempo que están aparecendo artigos sobre a sociedade do futuro, ‘do post-coronavirus’. A variedade de opinións é ampla, pero coido que hai un certo consenso en torno a dúas posturas complementarias. Unha sería o ‘cambiar todo para que nada cambie’, maioritaria, e outra, alternativa, defendendo posturas máis profundas e inconcretas, tentando…
-
Mentiras da China
Descubrir mentiras sempre é un paso adiante. Cara á verdade, si. Pero ás veces podémolo ver como un paso atrás polo que nos fai sentir. Dende a inocencia perdida dos nenos que se decatan da inexistencia dos Reis (Magos) coa confusión correspondente, en diante… Mais en xeral os sentimentos asociados ó descubrimento das mentiras son…