Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.457 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: filosofía

  • Máis aló da liberdade de expresión

    Cita de Noam Chomsky: ‘Se non cremos na liberdade de expresión para a xente que desprezamos, non cremos en absoluto nela.’      Hoxe foi presentada unha ferramenta de apoio á liberdade de expresión. LibEx, realizada polo Grupo de Traballo sobre a liberdade de expresión. É curioso, ‘só’ é unha páxina web con referencias xurídicas…

  • De black friday a venres negro

    Captura de pantalla da Wikipedia en Inglés. Creative Commons Attribution-ShareAlike License De black friday a venres negro    Hoxe é un venres negro. Moi negro. Máis negro que o do ano pasado. E máis aínda que o do ano anterior. Non pola meteoroloxía, que parece que se vai portar ben, día claro en Ribadeo. Tampouco…

  • Da historia da agricultura a Amazon, pasando por riba de nós

    Da historia da agricultura a Amazon, pasando por riba de nós     Mirando cara atrás, a historia apunta a que os abonos pasaron a ser necesarios cando se intensificaron os cultivos, pero sobre todo cando os cultivos foron destinados a consumir lonxe de onde se producían. Nese momento, os refugallos xerados, incluído esterco e defecacións…

  • Medo

    Medo    “A xente ten medo”. Unha afirmación xenérica que collo dun artigo no que un representante partidario ataca a que el di que é a postura dun goberno municipal. Naturalmente, unha postura que interpreta a través dos seus propios filtros, da súa propia postura.     Chámanme a atención varias cousas en relación a unha…

  • Prácido día

    Terraza agardando       Prácido día. Saio para xestións e achégome ó parque. Baleiro, parece iluminado ex professo. As sombras das árbores contribúen a resaltar a luz que os envolve. Os ruídos omnipresentes no día a día da vila sucumben ás veces ante o piar dos paxaros. Trinos agudos dalgúns, preto, cu-cus máis lonxe.…

  • Se te ditan o que tes que facer, perdes

       Se te ditan o que tes que facer, perdes. Foi o que se me viu á cabeza hai uns días cando escoite dos contedores queimados en Ribadeo. Resulta que o primeiro que se pediu despois de que os queimaran foi cámaras de vixiancia. É dicir, reacción de control de todos. Reacción, non acción preventiva.…

  • Estatísticas

       Remato de ver a estatística. Un pouco antes das oito da mañá somos no mundo 7 822 868 455 persoas. Volvo mirar. Xa non, o contador xa vai en 7 822 868 570 persoas. Cando vexas isto, seguro que os números son moi diferentes, mesmo incluída a unidade de millón. Os datos son, naturalmente,…

  • Dende un pobo

    Nube sobre a vila   Dende un pobo     Son de pobo. Si, nese sentido que ás veces empregan os ‘de cidade’ de xeito pexorativo (‘ese é de pobo’). Son de pobo porque nacín e vivo nun pobo. Pero tamén porque son do mundo. Dunha aldea global, onde por moitos habitantes que teña, se non…

  • A normalidade non voltará: que bonita terriña… e como nola estamos cargando

    Vai rematando o verán, e no ciclo estacional, achegándose o outono. Un ano máis, como se ven producindo por milenios e miles de milenios. Normal… aparentemente. De sempre, por pequenas flutuacións, non hai dous anos iguais, dos outonos iguais… por moito que a Terra siga a ter equinoccios ou solsticios periódicos virtualmente idénticos. É momento…

  • Negando, que é xerundio (pero iso do xerundio non importa)

    O conto dos Marx, ‘Estes son os meus principios. Se non lle gustan, teño outros’, está camiño de converterse dunha parodia, a unha verdade universal. Os motivos desa conversión en cada quen xa caen na intranscendencia, o caso é conseguir os fins propostos, sexan cales sexan e no campo que sexa.  Un exemplo: non se…