-
Paz en Ribadeo
20251116, domingo en Ribadeo, co bo Nadal na casa do concello, por riba das nosas cabezas mentres que Antonio Raimundo Ibáñez segue a despedirse/protexerse estático á nosa beira, un día máis, concentración pola paz. Primeiro Suso leu un comunicado, logo unha rapaza de ascendencia kurda leu directo do seu bloc un escrito da súa autoría,…
-
Pola paz, mirando máis aló
Un par de fotos para testemuña da xuntanza pola paz en Ribadeo este domingo, hoxe, 20251109, e algún comentario. Despois das verbas de inicio de Suso, Jesús Irigoyen leu o que deixo en baixo, tras as fotos, e Nana Montañés e Evaristo Lombardero chamaron a atención sobre algunha cousa que non se soe tratar moito.…
-
A paz, hoxe, en Ribadeo
Como -case- todos os domingos dende o comezo da guerra da Ucraína (invasión da Ucraína por Rusia), hoxe tivo lugar unha nova concentración pola paz. Como a última tempada, centrada no xenocidio palestino, e como as últimas, lembrando que non é un tratado de paz, senón un descanso para que o exército recupere forzas no…
-
A paz, vista dende Ribadeo
Hoxe, no medio da gallaroufa en Ribadeo pola Xira de Santa cruz, tivo lugar a xuntanza semanal pola paz. Media centea de persoas nas escaleiras do concello pedindo a paz, dicindo que se está a producir un xenocidio en Gaza, reclamando accións, difundindo as atrocidades… Falamos Suso Fernández, Evaristo Lombardero, eu, Nana Monteñes e Pepe…
-
Máis aló de pedir polo fin do xenocidio

O pedir pola paz non pode quedarse aí. Hoxe, na concentración convocada tódolos domingos, Suso Fernández leu un artigo. Evaristo Lombardero comentou dous artigos de Le Monde Diplomatique. José Ángel Salvatierra falou sobre diversas cousas, incluído un artigo do El País. E eu tamén dixen unhas palabras, na idea de que hai que difundir que…
-
Pola tarde saíu o Sol. Pola mañá, o ceo choraba por Palestina

Domingo 11 de maio de 2025. En pleno mes das flores,mirando ó parque chovido e polo momento só cunha palmeira morta e retirada, unha pequena concentración de 20 persoas cobixábase da chuvia baixo os soportais do concello de Ribadeo. O ceo choraba. Palestina e as guerras que desangran o planeta estaban presentes nas palabras da…
-
Da concentración pensionista de hoxe, 20250405

Primeiro sábado de mes, unha nova concentración arredor das pensións en Ribadeo. Coma sempre, convocada por MODEPEN a Mariña en demanda de pensións e servizos públicos dignos. Deixo en baixo un vídeo co groso das verbas de Evaristo Lombardero, e, a máis da miña foto (momentos antes de comezar, arriba), outras de Enrique Fernández Rivas.…
-
20250316, un soleado e frío domingo pola paz

Hoxe. 28 persoas pedindo pola paz en Ribadeo e debatindo, tentando axudar a construír un futuro mellor. Millóns sufrindo o envite da guerra en todo o mundo. So algunha foto de Suso e a gravación de verbas de Suso, Evaristo, miñas, Salvatierra ou Nana, xunto co cartel co chamamento á concentración. Tamén houbo unha referencia…
-
Xuntanza pola paz en Ribadeo, 20250209

Como tantas outras veces dende o comezo da invasión da Ucraína, e como vimos facéndoo dende hai máis dun ano, un domingo máis, ás 12:30 no ribadense Cantón dos Moreno, xuntámonos pola paz. Desta volta, trinta persoas tentamos lembrar e poñer en valor algúns dos fitos que van xalonando as guerras. O que queda a…
-
Un primeiro sábado de mes en Ribadeo, unha xuntanza de pensionistas máis

Un primeiro sábado de mes en Ribadeo, unha xuntanza de pensionistas máis. Á beira das festas, pero non cercados por elas. No Cantón dos Moreno, á beira tamén das terrazas e a xente mirando para outro lado (ou para a concentración, entre curiosidade e espectáculo). Hoxe e aquí, 25 persoas que se unen…
