Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: eleccións

  • A política de Ribadeo a traverso de radio Burela

    Onte, o programa Parolando, de radio Burela, abrangueu tamén a Ribadeo. O programa pretendía presentar nas ondas ás novas formacións que se presentan ás municipais 2015 na Mariña. E chamaron a xente de Viveiro, de Alfoz, de Foz e de Ribadeo. Os de Viveiro non se presentaron, alegando, dixo o presentador, motivos laborais e de…

  • Candidatura completa de Cidadáns, ordeada e con algún comentario

    Coa publicación das listas de xeito oficial atópome coa candidatura de Cidadáns en Ribadeo: CIUDADANOS-PARTIDO DE LA CIUDADANIA (C’s) 1. MARTA MARIA SAIZ GARCIA 2. AGUSTIN REIMONDEZ GANCEDO 3. MARIO ALBERTO MEIRA GARCIA 4. MARIA JOSE VILLARINO LEGASPI 5. JESUS PEREZ PRADA 6. DOMINGO EIRAS PEREZ 7. MARIA DEL CARMEN VILLAGARCIA RIO 8. MARIA JULIA…

  • Persoa, propostas ou xeito de actuar?

    Xa estamos. De volta a ir vendo que decisión tomamos. Que orientación no espectro ideolóxico? Partido ou agrupación de electores? Cara bonita, simpática ou sen foto? E máis eleccións… Como vemos, non todas as características deberan estar á mesma altura. Iso inclúe que algunha xente poñerá a unhas diante, como criterio preferente, e outra xente,…

  • Candidatura completa de Ribadeo en Común (ReC), ordeada e con algún comentario

    Adxúntase a nota de prensa que remata de liberar Ribadeo en Común: A plataforma veciñal “Ribadeo en Común” quere facer público o resultado das eleccións primarias  que ven de celebrar na última semana e, polo tanto, a lista de candidatas e candidatos aprobados pola asemblea e ordenados seguindo un criterio de paridade  con lista cremalleira.…

  • Historia dunha tarde

    Dende un punto de vista estritamente persoal coido que debe ser contado. 1.Historia lonxana Polo que me teñen dito (sen corroborar pola miña conta), no pasado téñense presentado  dúas veces agrupacións de electores nas municipais ribadenses. A primeria sería no ano 1979, encabezada por Antonio Martínez, que obtivo catro concellais. A segunda, no ano 1991,…

  • Candidatura completa do PSOE para Ribadeo, ordeada e con algún comentario (Municipais 2015)

    A candidatura non presenta ó único concelleiro actual do PSOE, Eduardo Gutiérrez. 1.Roberto Ramos Piñeiro A partir de aquí, o PSOE pasaría a ter máis concelleiros dos que ten 2.David Fernández Feijoo 3.Aurora González Ginzo 4.Camilo José Vázquez 5.María Paloma Díaz Andina 6.Ramón Ángel Coto Longarela 7.Cristina Losas Soria 8.Ceferino Rodríguez Carril 9.Ana María Fernández…

  • Lista de candidatos ás primarias de Ribadeo en Común

    Copio e pego do blog de Ribadeo en Común, (sen outro comentario ao menos ata que teña tempo de facelo en condicións) Estamos xa a celebrar as nosas primarias, dende o mércores 8 ao domingo 12 de abril, as primeiras en Ribadeo nas que a veciñanza elixirá ás persoas candidatas e a súa orde da…

  • Como pícaros

    Un amigo envíame tres fotos tomadas esta Semana Santa en Ribadeo. Coido que a cousa está clara: os pícaros non tiñan un espazo ó que estaban afeito e recolonizarono. Ata aí, algo normal. Que se podan saltar a limitación de xeito tan doado cando a limitación é precisamente para que non a salte, xa non…

  • Tras a Semana Santa e antes de maio, unha experiencia

    Despois da Semana Santa, as apreciacións esperadas: Ribadeo é a leche, milleiros de visitantes e exhibición de cooperación concello-hostalería. Mentres, de cara a maio, os partidos van completando, e dise que os dous partidos que faltan por anunciar candidatura, PSOE e Cidadáns, xa a teñen completa, co que tamén cidadáns se presentaría. O ‘non partido’,…

  • Un pouco de nostalxia nas eleccións municipais de Ribadeo

    Baixo de casa está a mesa recollendo avais para que a agrupación de electores Ribadeo en Común se poda presentar ás eleccións municipais en Ribadeo o próximo mes. Isto fixo que tirara de hemeroteca particular e recolgara na rede (neste caso, en ribadeando) unhas cantas entradas de programas dos partidos políticos que se presentaron ás…