Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.245 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: educación

  • XXI Feiras de ciencia en Ribadeo

    Hoxe comezará un pequeno evento a cargo de pequenos que se forman para o seu futuro. Como todos os anos dende o 1995, abrirá de novo as súas portas a Feira da Ciencia de Ribadeo. Unha feira de, por e para pícaros, con pequenos estudos en ciencia, algunha demostración, recuperación de aparellos antigos, coleccións de…

  • Un mapa para gozar

    Recollo a través de Santiago Jaureguizar e Carlos Callón unha ligazón a un mapa de Noelia Gómez para gozar das nosas verbas. Está moi incompleto en relación co que pode chegar a ser, pero abonda para saborear a lingua. Unha lingua activa que mira ti, é nosa. (se non ves para escoitar, pasa o rato…

  • Restos en Ribadeo

    Hoxe están de moda os restos romanos na praia das catedrais. Diso falaremos, pero por hoxe, serán outros restos máis próximos á vila os destinatarios. Coñeces a praia dos Bloques? Si? Se es de Ribadeo, é posible mesmo que de pequeno xogaras e ‘exploraras’ as súas covas, antes do recheo. Agora tamén as covas estanse…

  • O mundo dos pícaros en Ribadeo: esta fin de semana

    Dúas novas para os pícaros como actividades de fin de semana. Unha. Sábado. Mañá sábado, 14 de marzo, temos previsto facer unha actividade didáctica nas terras de Campoxurado (Vilaselán), pensada “por” e “para” os nenos…os que somos, e os que son!! Consiste nunha repoboación de arbores froiteiras, concretamente, de distintas especies de mazairas e pereiras…

  • 8 de marzo na Galipedia

    Logotipo feito para o aniversario pola Galipedia Por unha casualidade, o oito de marzo non é só o día da muller, senón o aniversario da Galipedia, a wikipedia en galego. A maior enciclopedia sobre Galicia hoxe en día, expresando non só os propois artigos enciclopédicos, senón tamén como se fixeron, a construción de cada artigo,…

  • Formación de Ribadeo ó mundo

    APAGA é unha asociación con base en Ribadeo. Creada e actuando dende hai xa abondos anos, mantén unha estrutura formativa que ampara a formación en automoción en Galicia e alén das nosas fronteiras. As xornadas de automoción primeiro, despois os forum ou as mostras de vehículos son parte dunha asociación que se move. Unha parte…

  • Ribadeo aspira a ser smart city

    Soa máis ‘cool’, pero o de cidade intelixente é máis próximo. Debera. En canto a Ribadeo e a intelixencia cidadá, coido que imos un pouco retardados no que a aplicacións tecnolóxicas se refire, pero visto o visto, coido que non é o máis interesante dunha vila intelixente. Máis que a tecnoloxía aproveitada, que tamén contribúe…

  • Deseducando

    Os efectos da educación van amodiño, e así as decisións en materia educativa parecen menos graves que outras de efectos máis inmediatos. A estas últimas, como a lei mordaza, pódenselles contrapoñer as verbas verquidas ás ondas por un alto cargo ‘educativo’ (coido que o director xeral de universidades, pero colleume de sorpresa e non podo…

  • Arredor de Charlie, nas nosas vilas

    Os atentados de París de días pasados, en particular o sufrido no entorno de Charlie Hebdo, levan dado moito que falar. E por aquí, fálase de xeito xenérico ou en relación a Francia. Pero aquí temos tamén unha mestura de poboación que pouco a pouco se vai facendo evidente. Como calquera outra situación nunha sociedade,…

  • Os nomes das rúas de Ribadeo (+ !)

    Maio do 1997: un estudo realizado no daquela Instituto de Bacharelato de Ribadeo (con D.L. en Asturias, pois foi impreso por gráficas Ribazán, de Navia), daba ampla información sobre quenes levaron os nomes que agora teñen algunhas rúas do centro. A movida de placas que es está a producir en Ribadeo fixo que me lembrara…