-
Revolución global. Pequena reflexión.
Cinco anos, máis ou menos, é o tempo que comezamos a ser conscientes por estes lares do que levabamos vendo dende comezos de século: nun lugar primeiro, logo noutro, noutro… se van producindo e reproducindo protestas con formas cada vez máis recoñecibles e familiares, que en xeral non teñen por que chegar a causar o…
-
8M. Reivindicando outra celebración
Día da muller traballadora. Para reivindicar a muller mediante o seu dereito ó traballo? Arco da vella, imaxe de esperanza Coido que nunha lóxica capitalista, onde uns poucos non necesitan reivindicarse co traballo porque teñen capital, a reivindicación polo traballo vai como anel ó dedo ó pensamento hexemónico: somos se temos traballo asalariado,…
-
Ribadeo Formación e Información
A formación é necesaria para calquera cousa. En casos, sinxelamente para poder facer. Noutros, para facelo mellor. Ribadeo, como concello, anda metido tamén no tema da formación. Polo que parece, ten pedidos dous talleres, un para guías turísticos con perfil ambiental e outro para archivo, dixitalización e xestión documental. Estarían afectadas 16 persoas por cada…
-
Ribadeo, máis internacional
A composición das diversas orixes na poboación de Ribadeo é cada vez máis patente, vai saíndo pouco a pouco en diversos detalles. Vese como vai medrando a diversidade da poboación, dos rasgos das caras, os acentos, a cor… e hai medicións que se poden usar para estudar esa diversidade que vai en aumento. Por exemplo,…
-
Mirando ó mar
Sen ser moi consciente, Ribadeo mira ó mar. A falta de consciencia pode que veña de que dende o centro de Ribadeo non é doado ver o mar. Nin a ría. Un banco solitario en Meirengos, preto xa do que queda da terceira cetárea de Rinlo, fíxome cavilar sobre o tema. Perdido, a ben seguro…
-
Fondo local en biblioteca de Ribadeo
Unha ligazón: http://www.edu.xunta.es/eduga/980/boas-practicas/atencion-ao-fondo-local-na-biblioteca-do-ies-ribadeo-dionisio-gamallo
-
Antonte houbo unha manifestación. Sen imaxe
Antonte houbo unha manifestación. En Ribadeo como noutros moitos lugares. A favor da igualdade. Pola dignidade. Rexeitando a violencia de sexo. Moitas fotos inundaron as redes. Eu non tiña ningunha. Non fun. Cousa de traballo. Pola tarde, vin o concello cos sus balcóns tapados, adoranda a fachada cunha pancarta morada. Non se vía ben o…
-
Acumulando 30 euros cada segundo ó longo dunha vida: facendo números con Ortega
Din que a fortuna de Amancio Ortega anda polos 67 000 000 000 €, euro arriba, euro abaixo. Esta entrada non tenta nin sacarlle a Ortega o que é seu pola lei actual, nin profundizar no que fixo ou deixou de facer para lograr acumular euros a razón duns 1 000 000 000 cada ano,…
-
Mañá aquí hai unha festa, non? Tes que ir o traballo?
Onte chegaron en visita unha coordinadora e 8 directores de centros de ensino profesional da República Checa a Ribadeo. Trátase dunha actividade dun proxecto internacional de APAGA, e van estar pola zona uns días visitando centros educativos e industrias, mantendo contactos con profesores, alumnos e xentes de aquí, ampliando perspectivas de xeito mutuo, … O…
-
Controlo os meus cartos, controlo a miña vida
O título corresponde a un traballo premiado. Fíxoo a xente que recibe educación no Colexio Sagrado Corazón de Ribadeo, e o premio foi do Banco de España. Parabéns ós nosos veciños! Tentando enterarme de algo máis, chego ó discurso do Gobernador, pero non ós traballos. E faigo algún comentario antes de deixalo reflectido a continuación:…