-
Premios para centros ribadenses
Hoxe sae na prensa a recollida, onte, de sendos premios na Escola Galega de Consumo por parte do IES Porta da Auga, un trballo coordinado por min, e do Colexio Sagrado Corazón, coordinado por Begoña Sanjurjo. 1700 € (non 1600 como trae a prensa) para mellorar a formación dos alumnos como consumidores. Eu preferiría que…
-
Ribadeo, sen luz
Onte quedou Ribadeo sen luz. Dependendo das zonas, máis ou menos, arredor de 3/4 de hora / 50 minutos. É dicir, nin os 35 minutos de Begasa para todos nin tampouco para todos o máis dunha hora do concello que di nalgunhas zonas. Eso si, con varias intentonas de volta de luz que teran fastidiado…
-
Internet é o que máis se utiliza no centro xuvenil
Si, en Burela. En Ribadeo seguimos a esperar que os políticos se decidan a rematalo/inauguralo. Pode que agora que se achegan as municipais, a próxima xeración de ribadenses poda usalo. Hai un días que lembrei que o de Vilalba xa é da xeración anterior, e que aquí o único cambio visible dende que decidiron deixalo…
-
Galipedia: 20000 artigos
Despois do acadado onte, 6 de decembro, hoxe a Galipedia está de festa: xa ten máis de 20000 artigos. Aquí me deixaron varias ligazóns nas que podedes atopar informacion sobre a Galipedia, que duplicou o número de artigos no último ano, e á que cada vez se incorpora máis xente escribindo e mellorando artigos de…
-
Chorando pola casa da Xuventude (3ª de hoxe)
O 7 de xaneiro de 2005, remato de re-descubrir, á beira dun artigo meu na p.7 de A Mariña/El Progreso, un titular dicía: ‘El alcalde asegura que el municipio vivirá un “gran despliegue” este año’. No texto, entre outras, adiantaba a idea de que as obras do polígono industrial arrincarían en xuño dese ano, o…
-
Sobre a web (2ª de hoxe)
Aproveito un cachiño deste festivo constitucional para facer unha pequena reseña dun sitio web, o ‘internet archive‘, onde se poden ver, ler ou escoitar web e arquivos diversos, como a lectura de Mariano Grueiro sobre textos de Rosalía (ten unha primeira parte) (polo que entrei por primeira volta a un sitio do que tiña…
-
Dous bit sobre a economía e Ribadeo. I)Introducción
Milton Friedman e John Maynard Keynes foron os dous economistas máis recoñecidos do século XX. O segundo, primeiro temporalmente, sentou as bases da intervención económica moderada do estado, no que se podería chamar liña socialdemócrata. O segundo, discípulo do primeiro, variou esa liña cavilando sobre o mercado como autoregulable de xeito pleno, en liña de…
-
Proveito político
Despois de tres horas desperto pola música allea, aproveito para facer o blog: a estas horas levantareime mañá e de calquera xeito, o horario dominical está perdido polo cansancio da noite. Remato de ler titulares dun periódico, e atópome coa nova de que van cesar as protestas de protección civil por non estar aberto o…
-
Un pequeno aviso sobre educación
Reproduzo no blog FQ en Ribadeo unha carta pequena sobre educación e televisión, para quen esteña interesado.
-
Mandoume un amigo
este enderezo. gracias… e gracias a Deus!
