Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.245 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: educación

  • Civis Romanus sum

    Adxunto unha tradución de parte dun artigo de Giampiero di Cristofaro en ‘Scuol@Europa’ (Dec. 2006) que coido convinte para a actual situación en Ribadeo, enfocando o tema non tanto dende a formación ou a diferenza, senón dende a participación social: “Civis Romanus sum Con esta afirmación, os antigos romanos declaraban con orgullo o seu sentimento…

  • Un pleno moi vacío no concello de Ribadeo

    Onte o pleno estivo vacío, pero non pola falta de público (3 persoas), nin pola falta de Santiago, esperada por moitos, nin pola do alcalde, senón pola ausencia de contido. Nun pleno ordinario, que ademais foi posposto unha semana, había tres puntos, entre eles, a aprobación da acta anterior, outro de trámite e rogos e…

  • Ribadeo? Natural! Proposta de dous paseos de tempada

    Esta tempada hai dous paseos que teñen un atractivo de estaren en sazón, en época apropiada para ser realizados en condicións que posiblemente non se repetirán. O primeiro comezaría na pista de deportes de Rinlo. Collendo á beira do mar o paseo, percorreríamolo todo ata o seu final, entroncando coa estrada que pasa por diante…

  • Toca tocar (… e aproveitar para escoitar)

    Hoxe, ás 20:30, no Hernán Naval de Ribadeo toca a banda. Será unha oportunidade para comezar o ano cun vals mexicano. E aínda que parece que non se van materializar tódalas sorpresas que estaban preparadas, xa sona así só algo sorprendente: un agasallo de reis para o público ribadense. Cambiando de tercio, a vivenda é…

  • Quen perde de a noite,perde o día

    O dito non aclara que pasa coa xente á que lle fan perder a noite e a mañá seguinte. Polo sistema de proporcionalidade, non se recuperarían ata que pasaran dous días. E eso foi o que me pasou a min entre a noite e a mañá de onte, co que saldarei contas a finais do…

  • Unha charla sobre arqueoloxía en Ribadeo

    Adxunto a nota de prensa enviada polo Tesón, xunto coas fotos referidas nela (o conferenciante en pleno traballo e unha das pezas recobradas no castro de Zoñán) e unha foto aérea de Miguel tomada esta mesma semana sobre o castro das Grobas, unha volta desbrozado, en primicia: O venres 29, ás oito do serán, no…

  • Por que esta foto non é actual? Inocentes en Ribadeo

    é unha foto tomada case vai un ano. Non embargantes, costa descubrir, a non ser pola data, cando foi tomada. Só un pequeno detalle fai ver que non é actual: hoxe a valla está máis retirada, impedindo case o paso pola estrada. Parece unha inocentada do día de hoxe, pero non o é. Tamén resulta…

  • A casa da xuventude, por fin

    Por fin, hoxe, 26 de decembro de 2006, a casa da Xuventude emprégase para a xuventude. Coido que o anterior é abondo explicativo, despois de esperar e esperar. Coa pirámide demográfica de Galicia, e ademáis tendo en conta que a xente nova non vota, os gastos de transporte en tren da xente maior non se…

  • Festival de Nadal da Escola Municipal de Música e Danza “Hernán Naval” de Ribadeo

    Paso a postear a nota íntegra da actuación que terá lugar mañá: A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo celebra o seu t A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo celebra o seu tradicional Festival de Nadal Actuarán un total de dez formacións xurdidas no seo do propio centro O festival…

  • Premios para centros ribadenses

    Hoxe sae na prensa a recollida, onte, de sendos premios na Escola Galega de Consumo por parte do IES Porta da Auga, un trballo coordinado por min, e do Colexio Sagrado Corazón, coordinado por Begoña Sanjurjo. 1700 € (non 1600 como trae a prensa) para mellorar a formación dos alumnos como consumidores. Eu preferiría que…