-
Fin de curso no auditorio de playmóbil
Onte foi un fin de curso no auditorio que Hernán calificou de ‘de playmóbil’. A xente da EMMD portouse e voltou a sorprender Martín polas súas ideas, esta volta con ‘vídeo a catro mans’. Suso de presentador, diplomas, premios a rapaces por servir de reporteiros no espectáculo ‘frautasía’, e música, escola e canto, con danza……
-
PAAU
As probas de acceso á selectividade estiveron estes días no candeleiro. Os que eu coñezo aprobaron todos. Felicidades!
-
Xerfa
Xerfa é a escume que molla nas rompentes e o nome da revista da que se presentou onte a 16ª edición. Dicía na entrada anterior que me gustara. Na súa portada aparece relacionada unha serie de webs, e a parte da do mesmo IES, nas únicas que aparecen na portada nas que sae relacionado o…
-
A piragua
Onte, o Centro Dramático Galego pasou por Ribadeo a facer unha representación. O elenco de actores non deixou atrás coa súa actuación a calidade da obra, ‘A piragua’, ante un auditorio que poucas veces se enche tanto para o teatro. O título é só unha nimiedade ante un problema que se constrúe ás veces a…
-
Recén saído do forno e o primeiro, o reparto de postos.
Deixo algo recén saído do forno: un tríptico sobre a costa de Ribadeo elaborado no Gregorio Sanz que onte saíu do prelo. Premendo sobre el co rato pódese ver maior. E paso a algo diferente, tamén curto, que se podería sintetizar na segunda parte do título: o primeiro, o reparto de postos. Pois segundo a…
-
Un novo ‘site’ de Ribadeo
O sitio das xornadas técnicas de automoción é un novo sitio ribadense para difundir as que este ano parece que se van chamar ‘Jornadas Técnicas de Automoción’, organizadas no Centro Integrado de Formación Profesional ‘Porta da Auga’. E é que hai que especificar, pois agora hai dous centros no que antes era un: o ‘IES…
-
Dicía Azaña… unha lembranza para tempos de eleccións
Pois eso, atopei nun artigo de Caballero Bonald (‘Reclamar la libertad’, pero ai! necesítase ser de pago para velo agora en liña…) varias citas, unha delas de Azaña: “A liberdade non fai felices ós homes; fáinos sinxelamente homes.” porque é un atributo de humanidade. Non sei moi ben como casar unhas verbas que me lembraron…
-
De improperios e patadas a sorrisos
Tanto a fin de semana como a noite de luns a martes sucederon casos de agresións á Guardia Civil; no primeiro, no mesmo cuartel; no segundo, no centro. Non deixan de ser curiosos ambos, pois parece que nos dous casos reinaba a calma na veciñaza. En contra de accións como as anteriores, a Paco Lanza,…
-
Mostra de Formacón Profesional
Hoxe inaugurouse a mostra de FP no CIFP (Centro Integrado de Formación Profesional) de Ribadeo. adxúntase o programa e o cartel. Na mesa, xunta á Directora, a Inspectora do centro, o Delegado provincial de educación (antigo Director do centro cando era un co actual IES Porta da Auga) e o alcalde. No público, entre outros,…
-
De Ribadeo á Coruña, eleccións
Mañá sábado, un grupo de xente do IES Porta da Auga viaxará á Coruña con montaxes da Feira da Ciencia ribadense. O parque de Santa Margarita recibirá ese día diversas representacións de desenvolvementos de ciencia feitos por centros de Galicia, e o IES estará entre eles. E é que en Ribadeo estamos adiantados. Por exemplo,…