-
Un desmentido para o ceo de Ribadeo (e de calquera parte da Terra)
Co motivo de que mañá comeza un cursiño de astronomía, unha vez máis paso a desmentir unha nova sobre o 29 de agosto e Marte. Xa me chegou por diversas canles, e mesmo apareceu nun artigo da Comarca deste fin de semana un bulo que circula por internet dende hai 5 anos dunha suposta visión…
-
Desinformación. Pascual Serrano. Península. Madrid 2009
No verán hai xente qaue ten máis tempo e pode empregalo en pensar. á vez, hai menos sucesos que referir cunha ‘auténtica’ importancia. Deixo pois un parágrafo dun libro e a súa referencia, por se pode ser útil: Desinformación. Pascual Serrano. Península. Madrid 2009 (http://www.pascualserrano.net/mis_libros/desinformacion-como-los-medios-ocultan-el-mundo) (adaptación ó galego dun parágrafo) “Non sexades tontos, aprendede a…
-
Curso de reloxios de Sol
Luns 10 e martes 11 de agosto tivo lugar un cursiño de reloxios de Sol. 4 horas e media entre a Casa da ría e o reloxio do Cargadoiro, por Javier Bao Cebeiro (ligado ó observatorio Ramón María Aller da USC). Nel se espuxeron diversos conceptos e se ensinou a manexar o programa shadows (para…
-
Galego e castelán no ensino
Saíron os resultados da consulta sobre o galego (e o castelán) no ensino. Coido que xa falei abondo do tema outras veces. Agora non o vou facer, aínda que me sorprenderon algúns dos titulares de prensa que publicitan o resultado e, ó tempo, o desvirtúan.
-
Mareas
Atópome con que xa saiu o novo número de ‘Cosco Express’, o nº 5, jul/ago 09, e nel un artigo referido a unha investigación feita por alumnos meus. Deixo o artigo en ‘Física e Química en Ribadeo‘, e botarei unha ollada máis ó número, que coido que hai algunha cousa máis que me aproveitará.
-
Da Muller
Daba conta que esta mañá se celebrou no concello a presentación dun libro sobre a muller. Tratábase dun libro de sinaturas a favor da paz de xénero, en contra da violencia de xénero. Pouco que sinalar, quizáis a parte da propia nota do concello ligada arriba e de que só houbo dous homes no acto:…
-
Unha enquisa para o galego
Leva retraso a cómputo de datos da enquisa sobre o galego no ensino. Moito. Tanto, que xa leva máis retraso (sobre as propias previsións do executivo) que a súa posta en marcha. Tanto, que se a enquisa ó final resulta favorable á postura de Feijóo e compañía, non se lles vai crer… Neste caso parece…
-
Non se trata de facer de cada pobre un rico, senón de facer forte unha comunidade
Corresponde a unha frase de ‘El legado de una revolución‘, e non trata de Ribadeo, senón da India, da obra de Vicente Ferrer. É curioso que me chame a atención, relacionado con algo de Ribadeo? Non o creo. Coido que a difusión dos feitos que deron lugar ó estado actual da obra de Vicente Ferrer…
-
No fondo, os cartos
Un concello á beira da bancarrota? Non é novidade. Ou si? Pois o mellor si ó ser usada como arma. O anuncio de que o de Barreiros podería estar á beira dela debido ós cincoenta pleitos da Xunta sobre o tema da construcción debera ser un aviso de que as cousas tiñan que ser feitas…
-
Curso e concurso
Teño recibido a convocatoria de varias actividades. Deixo aquí os datos correspondentes a dúas delas, interesantes para diferentes segmentos de público. O primeiro, un certame considerando a emigración como materia a visualizar: O segundo, un curso da universidade de verán da USC, Espazos naturais protexidos nun mundo en cambio: