-
A conta do bookcrossing, pero non só
O vídeo a continuación é unha parodia que se ve alimentada pola filosofía do cruce de libros, e fronte a ela, do cruce de neuronas á noite. Sínteste recoñecido/a? Por certo, que falaremos da zona bookcrossing da oficina de turismo, que xa sobrepasou de longo e hai tempo os 100 libros a disposición.
-
Copiar non é malo
Aproveitando a licenza CC do sitio de Nina Paley, traduzo (ó meu xeito …) e póñoo en Ribadeando unha entrada relacionada co movemento mundial a favor dunha cultura libre. Unha nota previa: o texto do video está en inglés, traducido abaixo, pero coido que só coa imaxe e o ritmo pódese sacar case toda a…
-
Actos para o domingo 22-N do observatorio da mariña pola igualdade
O Observatorio da Mariña pola Igualdade escenificará este domingo en Ribadeo a obra teatral “Tirando do fío da vergoña”, coa que participa nun concurso do Ministerio de Igualdad Na representación da obra, que busca concienciar á poboación sobre a lacra da violencia machista, participarán persoas doutros colectivos sociais e culturais da Mariña Este domingo a…
-
Estudo da contribución do multilingüismo á creatividade. Informe científico publicado pola Comisión Europea en outubro de 2009
Coido que pode ser interesante, aínda que a redacción, o inglés, etc, boten a un para atrás. de Calquera xeito, un impuso máis ás linguas en xeral, tamén ó galego. http://eacea.ec.europa.eu/llp/studies/documents/study_on_the_contribution_of_multilingualism_to_creativity/compendium_part_1_en.pdf Un pequeno resume en traslación rápida da páxina web introdutoria: The Contribution of Multilingualism to Creativity – Science Report published by the European Commission,…
-
0,6% ou ‘Vivir en gallego: ¿es un derecho o un deber?’
A segunda parte do título, que manteño en castelán, corresponde a un artigo aparecido na Voz de Galicia de 21/10/2009, e o de 0,6% … iso é máis longo de explicar. Resulta que boteille unha ollada ó artigo referido, que nun lugar pon, por exemplo (e cito en castelán), “De hecho, lo que ya no…
-
Cánto levan escoitado estas pedras de Santiago
Tomo prestada a expresión do título para comezar este artigo sobre unha manifestación en prol da potenciación do galego. Onte en Santiago houbo una manifestación abondo numerosa na que compartín lugar con outra xente coa quecompartía máis ou menos ideas ou coa que non compartía formas, por exemplo nas frases coreadas que, camiñando ó seu…
-
Pintadas
Coido que as pintadas a istas alturas xa están moi vistas, e por desgraza (iso creo) no producen xa unha sensación de forte rexeitamento. Pero segue a sorprender que se fagan nunha parede inmaculada, como a do auditorio recén pintado (‘plan E), parede que por outra parte, pola súa propia textura pode facer que sexa…
-
Ímola vacunar. -De que? -Non o sabemos, aínda non nos chegaron as promocións.
Choca o título? Pode que non choquen as verdades do último artigo de Im-pulso sobre o tema da manipulación da idea sanitaria.
-
Sobre as mulleres e verbas de Pancho Campos
Nestes días asistín a dúas tertulias con temas relacionados, sobre a segregación escolar (básicamente por sexo) nos centros educativos e as mulleres na historia de Ribadeo. A segunda foi onte pola tarde, foi comezada por unha exposición de Pancho Campos e logo seguiu unha extendida charla (que non esperei a rematar), e que…
-
Unha contribución ó conflito sanitario?
“Temos que incorporar ó proceso do cancro unha mentalidade de consumidor esixente“. O artigo de ‘Público‘ di algo que é normal: nun servizo debe esixirse. Parecería que na sanidade, no servizo sanitario, tería que ser a norma, pero na prática non o é. Por exemplo, porque a xente síntese sumisa ante o médico, unha persoa…