Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.312 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: educación

  • Non son restos prehistóricos

    Non son restos prehistóricos senón os restos de dúas cociñas en Santa Cruz que pasaron a formar parte do vandalismo, a xulgar polas apariencias, hai non moito tempo. A desaparición das papeleiras daquela zona tamén coido que ten que ver co mesmo tema do vandalismo, ó que polo momento, apúntanse solucións que van máis contra…

  • Cabodano sen pena nin groria dalgo que tamén ten afectado a Ribadeo

    Ribadeo dista algo máis de 150 km do de A Coruña. Dentro de Galicia, quitado zonas de Ourense, é dos puntos máis alonxados desa cidade. No que vai de século, cada curso académico, polo menos tres dos catro centros de educación xeral de Ribadeo teñen feito unha viaxe didáctica á Casa das Ciencias. Difícil será…

  • Bos Aires

    Agora que o galego está nun momento controverquido en Galicia, aparece esta nova sobre a recuperación da súa memoria en Bos Aires. (sobre Bos Aires)

  • Trece anos de contacto con Europa

    Onte foi a presentación da nova tanda de proxectos europeos de mobilidade do CIFP Porta da Auga. corría o 1997 cando en Ribadeo se deu o primeiro paso en proxectos europeos da man do IES Porta da Auga (daquela aínda non estaba dividido o centro en dous como na actualidade), cunha visita previa para coñecer…

  • A princesa que quería ser muller

    Onte, dentro dos actos relacionados coa muller en Ribadeo, celebrouse a entrega de premios das curtas realizadas por estudantes dos centros educativos de Ribadeo sobre o tema da violencia de xénero. As autoras de cinco guións foron agasalladas (coido que todas eran rapazas) entre os 19 guións propostos, e foi amosado o vídeo gravado a…

  • Xuntanza internacional

    Onte comezou no Hotel O Cabazo unha xuntanza internacional (Rumanía, Grecia, Italia, España) sobre o tema do teletraballo e a formación a distancia no marco dun proxecto europeo no que participa o CIFP Porta da Auga. A entidade coordinadora é a Universidade Politécnica de Bucarest, por medio dun departamento dirixido por Tom Savu. Onte os…

  • Educando

    Non se está a dar difusión en Ribadeo dun acto que terá lugar na Veiga mañá venres 12 de febreiro, e que é unha oportunidade para a comarca. Coido que estará cheo, pois o xuíz Emilio Calatayud non soe deixar indiferente a ninguén nas súas charlas, e a súa fama como xuíz de menores exténdese…

  • Manifestación en Santiago

    Hoxe haberá ribadenses manifestándose en Santiago en contra da nova normativa sobre as linguas. Coido que a miña postura está clara en contra dela, pero mellor que argumentar direitamente, prefiro deixar dúas ligazóns, unha ao borrador e outra ós comentarios da Real Academia Galega. Como outras veces, despois de ver o derradeiro post de im-pulso,…

  • Pepe Matamouros, patrón dos enfrontamentos

    En tempos, xa lonxanos, xurdiu no que se ía configurar como España o mito de ‘Santiago Matamouros’. Dende aquela, as cousas cambiaron. Tal parece mesmo que da reconquista pasaramos a unha especie de re-reconquista, na que serían os mouros os que quererían ocupar de novo Al-Andalus, a parte doutros moitos territorios. Normalmente recibo por correo…

  • De bicis

    Mentres que as bicicletas de Ribadeo están infrautilizadas e non promocionadas, 15 concellos galegos dispoñen xa dun sistema de arrendamento de bicis para os veciños. Mentras que en diversos lugares particulares e asociacións pedimos que se vaia instaurando o carril bici, as novas rúas humanizadas non son bicicleadas. Un apunte positivo neste panorama: un lugar…