-
Hoxe, día diferente: Video educativo
Collo un video que remato de ver á miña vez, en ‘Lonxe do Mar’, cambiando paradigmas en la educación:
-
Ribadeo ten necesidades adultas
1992: Ribadeo perde a rama sanitaria de FP… un feito, como outros moitos de perdas que leva Ribadeo. Eficiencia na xestión, alégase unhas veces. Aforro de cartos, outras. Non hai xente abonda (conxunto das dúas anteriores, dando un rodeo), aínda outras. Mentres, segue a derrama. Agora tocoulle o turno ó ‘Bacepa’, nome abondo malsoante que…
-
Educación, si
Este fin de agosto presenta novidades educativas. Son informais, e pode que por iso mesmo esteñan en condicións de ofrecer un maior rendemento en actuacións de curto recorrido, ó sentirse máis vividas que aprendidas, sen necesitar doutra estrutura amplia que lles dea acubillo. Unha delas é a que protagoniza ‘Máis talento, menos cemento‘, grupo novo…
-
Ribadeo non é Asturias, un paso máis de cesión.
Remato de unirme a un grupo en Facebook, invitado por Fátima: “Ribadeo no es Asturias”. E é que resulta que, en Facebook, polo menos nalgunha situación, é asignado de xeito automático en Facebook a Asturias. Quizáis quedaría crear o mesmo grupo en galego, pero déixollo a outra xente. Se a algúen lle fai falta algunha…
-
O ceo de noite, o ceo de día. Xornadas sobre astronomía en Ribadeo
O ceo de noite, o ceo de día. Celebraránse dúas sesións, de duración estimada 2h cada unha, en colaboración coa A.C. Xerfa. 10/08/2010 ás 22:00 horas, na Casa da ría de Ribadeo O ceo de estrelas en agosto. A cargo de Alfonso Piñeiro Material: Poden traerse prismáticos, telescopios ou planisferios celestes. 11/08/2010 ás 10:00 horas,…
-
Ribadeo en feminino
Ribadeo muller naceu como papel, agora propágase ós bits. A publicación tentou dende o seu nacemento de dar unha pulo ó sentemento feminino en Ribadeo, para evitar unha desigualdade efectiva entre sexos. Dende o comezo, apoiei no que puiden a súa saída, sendo consciente de que unha cousa é desigualdade e outra diferenza, unha un…
-
Unha curiosidade máis sobre a ría de Ribado
Xa estamos afeitos a que a ría de Ribadeo sofra todo tipo de discriminacións (descontando as propias de agresión natural), dende diarios que a tratan como ‘do Eo’ a guías que a inclúen en Asturias, pasando por Presidentes da Xunta, etc. Neste caso, é un mantel collido nun local céntrico en Lugo a comezos de…
-
Por esta, limpeza tardía
Onte o concello sacou unha nota de prensa pola que se permite, previa petición escrita, a limpeza da madeira acumulada nos ríos. Hai que lembrar que a potestade sobre o tema tena a confederación hidrográfica, non o concello, que fai de entidade subsidiaria neste caso. Pero sobre todo, hai que lembrar que foi a falta…
-
A educación anda movida
Mentras hai un clamor por calquera sitio a cada nova medida da calidade do ensino, ségunese a sufrir as decisións ‘de arriba’ de xeito impetuoso e brutal. En Ribadeo temos tradición, pois tócanos tanto o decidio a nivel estatal como galego. Se o primeiro que lembro foi levar para Burela as ensinanzas da rama Sanitaria…
-
Un pequeno comentario a auga pasada
Deixo á beira o banderín dunha actividade do IES Porta da Auga a semana pasada, e a ligazón á nova dun xornal. As dúas cousas se refiren ó mesmo. Supoño que a cousa sería que dende o IES non lle pasaron ningunha nota e dende a autoridade portuaria, si: formas de ver as cousas…